Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Goberno respalda a política baseada no uso da violencia policial practicada por Manuel Ameijeiras

Written By Virgulino on 29/11/07 | 8:48

O Ministerio de Presidencia rexeitou a petición de demisión do Delegado de Goberno en Galiza realizada por varios cidadáns galegos á inicativa do MpDC

O Ministerio da Presidencia vén de amosar o seu respaldo ás accións levadas a cabo polo delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, en contra dos movementos sociais máis significativos dos últimos tempos na sociedade galega. O Movemento polos Dereitos Civís esixiu reiteradamente a demisión de Ameijeiras do seu cargo por ser o responsábel directo do uso da violencia policial contra todo tipo de manifestacións e movementos sociais, especialmente cruentos no que se refire ás actuacións na folga do metal de Vigo no 2006 e nas protestas de Ferrol contra a actividade de Reganosa.

Segundo a resposta emitida dende o Goberno á solicitude do MpDC do cese do Delegado, a Ministra de Presidencia, María Teresa Fernández de la VEga, afirmou que a decisión do uso “da coerción física por parte das forzas policiais” durante as protestas dos afectados pola posta en marcha da planta de regasificación “foi adoptada tras terse esgotado toda posibilidade menos lesiva, sendo en todo momento necesaria, progresiva en canto último recurso” e, engade, “proporcionada”. Con estas palabras a Ministra vén avalar unha política de criminalización dos cidadáns e do uso da coerción como primeira medida, mesmo antes de iniciar o diálogo social, asegurando incluso que a acción violenta tomouse coa “finalidade de evitar un mal maior do que causa”.Dende Presidencia xustifican tamén sen rubor as medidas tomadas tras a detención do Patrón Maior da Confraría de Pescadores, argumentando que a actitude dos compañeiros que saíron na súa defensa . Deste modo, respalda a tese de Ameijeiras para xustificar por que se fai “necesario o recurso ao uso da forza”, acusando aos cidadáns de “atacar” aos efectivos das forzas armadas e culpabilizando aos galegos por tentar defender os seus dereitos.

Dende o MpDC entendemos que o uso da violencia policial para “evitar” as mobilizacións nos conflitos sociais existentes non se pode resolver por medio da policialización e a coerción da sociedade galega. Máis aínda cando se xustifican como unha medida para “evitar un mal maior do que causa”, desprezando de xeito claro os dereitos dos cidadáns a mobilizárense pola defensa dos seus dereitos. Flagrantes resultan as afirmacións do Ministerio en defensa dun responsábel político que amosa a cotío a súa preferencia polo uso da forza policial antes que acudir a vía do diálogo e a mediación, premisas estas que debería antepór a calquera outra decisión, pero que ata o momento non está a praticar. Situación que contradí as promesas dun “Goberno de progreso” que asegura ter as portas abertas ao diálogo con todos os sectores da sociedade.

Coa súa declaración, o Ministerio de Presidencia avala a xestión do Delegado de Goberno, quen, como é ben sabido, é o responsable do uso da forza policial en praticamente todos os conflitos sociais rexistrados en Galiza nos últimos tempos, polo que o MpDC reitera a súa petición de cese inmediato de Manuel Ameijeiras.

0 comentarios:

Publicar un comentario