Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo volve a dirixirse ao Concello de Compostela por dúas queixas que acumulan meses de retraso.

Written By Virgulino on 23/11/07 | 10:12

Pola queixa Q06047424 Enrique Múgica xa se dirixiu en seis ocasións ao Concello e acumula 11 meses de investigación: e pola queixa Q05031004 é a segunda vez que o Defensor del Pueblo se dirixe ao Sr. Sánchez Bugallo despois de que pasara un ano sen que o Concello cumprira co anunciado en Setembro do 2006 a Enrique Múgica.

O Defensor del Pueblo de informar ao Movemento polos Dereitos Civís que volve a dirixirse ao Concello de Compostela por dous asuntos que acumulan varios meses sen solución. O primeiro deles ten que ver coa expulsión da cidade do gaiteiro Gert Gneisser; músico ao que a policía local, ademais, rompeulle a gaita. Enrique Múgica xa lle reclamou ao concello informes o 27 de febreiro, 25 de Abril, 3 de xullo, 29 de agosto e finalmente o 20 de novembro sen que a Administración Local remitira ningún informe ata despois do requirimento do 29 de agosto – informe que non resultou suficiente para o Denfensor del Pueblo, motivo polo que solicitou un novo.

O outro asunto está relacionado co incumprimento polo concello da Ordenanza de Publicidade estática da que esa mesma administración se dotou. Xa no 2006 o Defensor del Pueblo reclamoulle ao Concello que cumprira coa súa Ordenanza, motivo polo cal requiriulle información ao concello o 15 de marzo do 2006, o 4 de maio, o 27 de xuño e non foi ate o 14 de setembro cando o concello contestou que tomaría medidas para o seu cumprimento. Nembargante o 22 de agosto seguía sen cumprirse a ordenanza, motivo polo que o MpDC remitiulle esa información a Enrique Múgica, quen o 19 de setembro do 2007 reabriu o expediente e volveuse a dirixir ao Sr. Bugallo. Novamente o Concello de Compostela non informa e o 19 de Novembro o Defensor del Pueblo volve a reclamar esa información ao ente local.

Desde o MpDC non podemos mais que amosar a nosa repulsa a falta de respecto polas leis e polas institucións que ven amosando o alcalde de Compostela; chegando ao punto de enganar ao Defensor del Pueblo, alegando que tomará medidas, pero obrigando a esa Institución a ter que volver a intervir un ano despois pola súa inoperancia.

Que clase de exemplo está dando á cidadanía con esa forma de actuar. Calquera sabemos o que pasaría si estamos un ano sen resolver un asunto requirido polo concello. As sancións e os recargos por demora non son ningunha novidade para esa administración.

0 comentarios:

Publicar un comentario