Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Padrón leva nove meses sen explicar por que prohibiu aos grupos políticos utilizar as dependencias públicas

Written By Virgulino on 13/11/07 | 9:06

Logo de que trascurrisen xa nove meses dende que o Defensor del Pueblo solicitou ao Concello de Padrón que remitise información pola a negativa de permitir aos grupos políticos a utilización de calquera das dependecias do Consistorio, a Cámara municipal continúa sen explicar ao organismo por que prohibiu o uso das instalacións municipais. A situación foi denunciada en numerosas ocasión polo MpDC, quen trasladou a queixa ao Defensor e que recibiu constantes negativas á hora de conseguir información sobre o asunto.

O pasado mes de xullo o Defensor xa apuntara que incluiría a esta localidade no informe anual que se presenta nas cortes xerais, de xeito que podería quedar declarado como "administración hostil e entorpecedora". A pesar da ameaza, o Concello de Padrón continúa sen explicar a súa atitude, incumprindo deste xeito a legalidade vixente.

Aínda que o cambio no goberno acontecido tralos comicios de maio semellaba abrir as portas para que se producisen avances nesta cuestión, o Defensor del Pueblo continúa sen obter información algunha arredor da negativa do Concello de Padrón e o resto das formacións políticas ven impedido o seu acceso aos locais e salas públicas para realizaren calquera actividade relacionada coa vida municipal.

0 comentarios:

Publicar un comentario