Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

As cámaras da Praza do Humor da Coruña amósanse inútiles para acabar evitar o botellón

Written By Virgulino on 2/11/07 | 0:43

Ese foi o argumento do Concello herculino para a súa colocación

Nos últimos meses vimos asistindo a unha polémica xerada na cidade da Coruña debido ao ruído que se produce os fins de semana nas cercanías da Praza do Humor, sitio frecuentado por milleiros de rapaces para facer o botellón antes de saír de marcha polos bares das proximidades.

Os veciños da zona non se cansan de protestar e pedir ao concello da Coruña unha solución para que o ruído lles impida durmir e facer a súa vida con normalidade. A entidade local, pola súa banda, colocou en decembro do 2005 varias cámaras de videovixilancia para, segundo as súas declaracións, controlar e evitar o botellón.

Dous anos despois podemos ver como esta medida non tivo ningún efecto e os veciños da zona teñen que seguir soportando o ruído e os desperfectos ocasionados polo botellón. Os dispositivos de videovixilancia pois están colocados incumprindo a función para a que foron colocados.

O MpDC quere recordar que a colocación de máis cámaras de videovixilancia sen ton nin son non vai conlevar unha maior seguridade nin unha diminución de delitos. Ante a inutilidade dos dispositivos instalados na Praza do Humor da Coruña, Dereitos Civís solicitará á entidade local a súa retirada, evitando así a vulneración dos dereitos de moitos cidadáns que o único que fan é pasear pola rúa.

Está visto que os aspectos negativos na colocación destas cámaras son moito maiores que os positivos, xa que por un lado non se conseguiu mellorar nada a situación do botellón nin o malestar dos veciños, argumento para a súa instalación, e por outro, estase a gravar a milleiros de persoas que circulan por ese espazo público, vulnerando o seu dereito á intimidade e á propia imaxe.

Por todo isto o MpDC solicitará á Delegación do Goberno que non conceda a renovación das autorizacións destes mecanismos de contro.

0 comentarios:

Publicar un comentario