Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Porán en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos o vídeo no que se agride a unha inmigrante

Written By Virgulino on 25/10/07 | 1:53

Consideran que non se salvagardou o dereito á imaxe do outro pasaxeiro do vagón, e en varios medios non se ocultou a cara da menor durante toda a exhibición do vídeo.

A asociación de defensa dos Dereito Civís de Galiza fará chegar á Axencia Española de Protección unha denuncia ao considerar que non existía motivos para que se facilitara a imaxe da xoven ecuatoriana e do outro viaxante do vagón a todos os medios de comunicación, sobre todo si non se ocultou debidamente o rostros destas persoas.

A utilidade pública que podería ter a exhibición destas imaxes para o recoñecemento e detención do agresor transformouse nun espectáculo público onde non se tivo coidado polo dereito á imaxe destes protagonistas involuntarios.

O Movemento polos Dereitos Civís considera que a utilización que se fixo destas imaxes evidencia o perigo que supoñen as utilización descontroladas dos datos recollidos polas cámaras de videovixiancia e que veñen denunciando continuamente.

Para Dereitos Civís, non existía necesidade algunha de que todo o Estado vira como lle pateaban na cara á xoven ou lle tocaba un peito. Si a utilidade das imaxes era a identificación do agresor, bastaba con amosar o seu rostro ou ocultar eficazmente a xoven e ao outro viaxante do metro.

Por todo isto, o Movemento polos Dereitos Civís pedirá a Axencia Española de Protección de Datos investigue si se vulneraron os dereitos á imaxe destas persoas.

No vídeo axunto, de Telecinco, só se oculta a cara da xoven no primeiro tramo e no final da noticia: http://www.informativos.telecinco.es/reproductor_video.htm?idSkin=218&urlVideo=mms://media.telecinco.es/telecinco/informativos/informativos_ba/071022metro.wmv

0 comentarios:

Publicar un comentario