Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Policías de Vigo xa foron condenados por secuestrar e torturar a un inmigrante senegalés.

Written By Virgulino on 25/10/07 | 1:02

O MpDC solicitara que o axentes condenados, e posteriormente indultados, non volveran a patrullar polas rúas de Vigo. O Concello contestou que estaban sobradamente formado en dereitos civís.

Xa a principios do 2007 o Movemento polos Dereitos Civís mantivo un debate con o Concello de Vigo para pedir que non se permitira a vixilancia polas rúas de catro axentes que foron condenados pola tortura e secuestro dun cidadán senegalés. O Concello de Vigo, lonxe de aceptar a medida postdelictual, habitual en caso de delincuentes que son reinsertados na sociedade, negouse a dedicar aos axentes a labores administrativas e rexeitou o ofrecemento do MpDC para formar os mesmos en Dereitos Civís alegando que estes estaban sobradamente preparados.

Agora, recentemente, podemos presenciar, novamente, a denuncia de cidadáns estranxeiros por actitude racista por parte de axentes da Policía Local. Lamentablemente o Concello sen falar cos axentes, apoia a versión dos acusados e intenta xustificar unha posible actitude xenófoba en base a que existían denuncias contra o establecemento onde aconteceron os feitos. Desde o colectivo que promove os dereitos civís, lémbrase que as denuncias contra o local non xustifica a actuación policial.

Desde o MpDC esperan que os axentes involucrados non teñan nada que ver cos condenados por secuestro e tortura do cidadán senegalés, Mamadou Kane, xa sería terrible que esta actuación da policía local fora evitable.

Ademais, Dereito Civís quere lembrar que as denuncias contra axentes policiais non son gratuítas, supoñen unha clara convicción de que se ten a razón, leva aos acusadores a declaracións fronte ao xuíz, perda de días de traballo, o pago dos honorarios dos profesionais involucrados e, por último, a inseguridade que leva seguir cunha denuncia deste tipo sendo inmigrante. Por outro lado, os axentes contaran con profesionais pagados polo concello e gozarán de tempo libre retribuído para poder declarar e participar no proceso xudicial.

Por último, consideran que sería interesante que o Concello de Vigo se tomara en serio a posibilidade de dar formación en dereitos aos axentes policiais e piden que os representantes dos cidadáns non protexan actitudes deste tipo, lembran que nese corpo hai condenados por torturas e secuestro.

0 comentarios:

Publicar un comentario