Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor do Pobo comeza a contestar as queixas presentadas contra as súas declaracións sobre o galego

Written By Virgulino on 3/10/07 | 12:02

A institución sinala que actúa con total neutralidade, cando a realidade é ben distinta

O Valedor do Pobo comezou a remitir as respostas ás queixas presentadas contra as súas declaracións nas que infravaloraba claramente o galego. En concreto, o pasado 31 de xullo, o señor Benigno López, facía varias entrevistas nos medios de comunicación, como Valedor do Pobo, nos que claramente discriminaba a lingua propia de Galiza con respecto ao español.

En concreto, esta persoa falaba así da situación do galego:

-O principal inconveniente que pode ter o uso do galego na administración de xustiza, é que pode resultar, en certo xeito, perigoso.
-Pretender que un xuíz someta unha sentencia dictada en castelán á traducción dunha oficina é, igualmente, perigoso por que nunha sentencia non hai só unha literalidade, se non que vai imbuída do espírito da sentencia, é dicir, o que o propio xuíz que a dictou quere dicir nela, e é difícil que esta percepción póidase facer por terceiras persoas.
-Se á mocidade se lle impón o galego, esíxeselle uns niveis de materias como Matemáticas, Historia ou Literatura, o único que se estará logrando é que ese neno, ese mozo, logre adquirir unha animadversión fronte a un idioma.
-Se a un neno se lle suspende polo galego, déixaselle por ese simple materia colgado para o curso seguinte, o único que logramos é que lle colla odio ao idioma.

Antes estes feitos, foron moitas as persoas que, a través dun escrito redactado polo Movemento polos Dereitos Civís, pediron que se realizasen as investigacións oportunas e se formulasen as recomendacións pertinentes para que a Institución do Valedor do Pobo cumprira có previsto na súa lei e actuara coa maior dilixencia posible fronte as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos que tivera coñecemento.

A resposta que obtiveron estas persoas nos últimos días por parte do Valedor é que “de acordo coa súa función institucional, definida no artigo 14 do Estatuto de Autonomía e na Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, por esta institución se procederá en todo caso a promover a efectividade dos principios constitucionais e estatutarios referentes ás linguas oficiais de Galicia, e así mesmo, ao previsto na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística”.

Podemos constatar que o Valedor quere amosar unha neutralidade total hacia o galego cando previamente amosou unha clara animadversión pola nosa lingua. Dende o MpDC queremos salientar que as súas declaracións non parecen críbles nin sinceras, e sí responden máis a un formalismo institucional. Dadas as súas palabras no pasado mes de xullo e as recentes declaracións feitas este fin dese semana, podemos salientar que o señor Benigno López posúe unha clara animadversión hacia o galego, e non ten pensado dar pasos par asuperala.

0 comentarios:

Publicar un comentario