Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC saca á rúa un novo xornal

Written By Virgulino on 30/10/07 | 12:04

“En Movemento” é de difusión gratuíta e ten unha periodicidade mensual

O Movemento polos Dereitos Civís vén de sacar á rúa unha publicación de difusión gratuíta, en galego, e cunha periodicidade mensual. “En Movemento”, que así se chama o xornal, estará a disposición dos lectores ao principio de cada mes e nel farase un repaso a todas as vulneracións de dereitos e liberdades que se produzan nese período.

Ademais, “En Movemento” tamén contará con reportaxes sobre temas de actualidade relacionados coa vulneración de dereitos, artigos de opinión da vida social e política do noso país ou novas de outras asociacións así como testimonios. Neste primeiro número recóllese un amplo reportaxe sobre a manifestación dos tres veciños do Eixo así como un análise dos antecedentes e dos feitos que os levaron a ingresar en prisión. Para o MpDC esta condena non fixo máis que reforzar a falla de garantías xudiciais que existen no noso país para os cidadáns.

Por outro lado, esta publicación tamén promocionará o xornalismo participativo entre a cidadanía, deixando un espazo para que os cidadáns fagan as súas denuncias, do que eles cren que é unha vulneración dos seus dereitos e da que o MpDC non tivera constancia. Esta forma de colaboración permitirá que moitas violacións das liberdades das persoas non queden silenciadas e toda a cidadanía as poda coñecer de primeira man.

Como se pode observar, “En Movemento” sae á rúa como unha ferramenta de denuncia e tamén de información para a cidadanía do que ocorre cada día na sociedade: instalación de cámaras sen permisos, cargas policiais, institucións entorpecedoras e vulneradoras dos nosos dereitos, e outros moitos temas de interese.

0 comentarios:

Publicar un comentario