Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor do Pobo non considera necesario investigar se se gravan ilegalmente aos detidos.

Written By Virgulino on 17/10/07 | 22:02

O 5 de xuño un sindicato policial afirmaba que era normal despois de que aparecesen gravacións dunha detida feitas por un axente cun móbil.

Enrique Múgica decide non investigar si se realizan gravacións de detidos con cámaras de móbiles ou outros medios por partes de membros de corpos e forzas de seguridade; gravacións que serían ilegais e vulnerarían o artigo 18 da constitución. A queixa ten a súa orixe nas gravacións realizadas a unha detida rusa en Catalunya por parte de un Mosso, posteriormente un representante dun sindicato policial afirmou o 5 de xuño, no telexornal do mediodía de Telecinco, que era habitual que os Corpos e Forzas de Seguridade graven aos detidos con medios propios (teléfonos móbiles ou cámaras dixitais) para utilizalas como probas en caso de denuncias por malos tratos.

Esta forma de actuar vulneraría o artigo 18 da Constitución (relativa ao dereito á honra, a imaxe e a intimidade), a Lei 15/99 relativa á Protección de Dato (de feito as imaxes da moza detida está distribuída por toda a rede), a Lei 4/97 referida á utilización de vídeo vixilancia por parte dás Forzas de Seguridade e, posiblemente, o Art. 520 da Lei de Enjuiciamiento Criminal e o artigo 197 do Código Penal.

Por todo isto o Movemento polos Dereitos Civís dirixiuse á Delegación do Goberno en Galiza para a mencionada autoridade aclarase se eran certas as declaracións do sindicato policial.

A Delegación do Goberno en Galiza, lonxe de negalo, afirmou que estaba prohibido informar sobre ese asunto xa que, sorprendentemente, vulneraría o dereito á intimidade das persoas e a Seguridade do Estado.

Ante a preocupación que naceu da falta de rexeitamento por parte da Delegación do Goberno ás mencionadas gravacións e o feito de que non se negase que se fixesen, púxose en coñecemento do Defensor do Pobo e da Axencia Española de Protección de Datos a información recompilada.

Tras varios meses o Defensor do Pobo vén informar que non abrirá expediente ao considerar que non houbo actuación administrativa contraria aos dereitos constitucionais e, polo tanto, non pode intervir.

Neste momento séguese esperando a contestación da Axencia Española de Protección de Datos e enviarase o expediente completo ao Fiscal Xeral do Estado para que tome as medidas que considere oportunas.

0 comentarios:

Publicar un comentario