Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís considera acertada a xestión do Valedor en relación coas filas par ao DNI

Written By Virgulino on 9/10/07 | 12:17

A institución galega remitiu unha queixa á Delegación do Goberno fundamentada nas queixas dos cidadáns polas longas colas e tempo de espera para renovar o Documento de Identidade. Nembargantes noutras ocasións afirmou que non podía actuar ante a Delegación do Goberno.

O Movemento polos Dereitos Civís quere felicitar ao Valedor do Pobo por tomar por fin unha decisión acertada ao remitir unha queixa de oficio á Delegación do Goberno. Pero aínda así, dende a nosa asociación queremos destacar que a institución galega se negou en diversas ocasións a realizar a mesma operación cando se trataba de actuacións policiais ou de videovixiancia, aludindo “a que non era competencia súa senón de institucións estatais”, cando, como puidemos observar, si que pode incidir e facer rectificar.

Neste caso, o Valedor do Pobo remitiu unha queixa á Delegación do Goberno para que solucionara as longas colas de xente e o tempo de espera que tiñan que gardar os cidadáns para renovar o seu Documento de Identidade. A institución estatal, dirixida polo señor Ameijeiras, respostou que o Ministerio do Interior está a elaborar un estudo para solicitar cita previa para a renovación deste documento, evitando así a aglomeración nas comisarías.

O escrito remitido pola Delegación do Goberno é o mesmo que a contestación enviada polo director xeral da Policía e da Garda Civil á propia institución estatal sobre as medidas que prevé adoptar o Ministerio do Interior no referente á renovación do DI.

Co sistema de cita previa, que será implantado en todo o Estado, os cidadáns recibirán data e hora para a renovación do seu documento de identidade, evitando así graves perdas de tempo así como longas colas.

Por que non actuou así o Valedor noutros casos?

Malia a satisfacción que provoca para o MpDC a decisión do Valedor do Pobo de dirixirse á Delegación do Goberno, queremos lamentarnos de que non faga esto mesmo noutros casos nos que tivo oportunidade. Son diversas as actuacións policiais e de videoviixiancia onde o Valedor tira balóns fóra e se nega a investigar xustificándose en que non é da súa competencia.

Ante estes feitos, o Movemento solicítalle ao Valedor do Pobo que continúe con esta liña de mirar polos intereses dos cidadáns, sen ter en conta o motivo desta vulneración e sí a súa defensa.

0 comentarios:

Publicar un comentario