Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Delegación do Goberno non investigará as cargas policiais do 24 de xullo

Written By Virgulino on 4/10/07 | 13:33

A institución estatal afirma que non existen denuncias, aínda cando varios agredidos foron atendidos nos hospitais e teñen a obriga de presentar o parte de lesións

A Delegación do Goberno comunicou nun escrito remitido ao Movemento polos Dereitos Civís que non investigará as cargas policiais do 24 de xullo debido a que non existen denuncias. Parece absurdo pensar isto cando varios agredidos foron atendidos nos Hospitais, centros que teñe a obriga de presentar parte de lesións dos damnificados.

Os feitos ocorreron o pasado 24 de xullo. Un despregue totalmente desproporcionado de Policías fixo que a situación vivida pola cidadanía compostelá e os turistas que se achegaron neses días á cidade fora de total intimidación. En total foron tres cargas policiais que colleron polo medio a turistas e tamén a organizadores dos múltiples concertos que se realizan nesa noita; persoas inocentes que o único erro que cometeron foi pasar polo lugar equivocado no momento equivocado, topando con axentes que se extralimitaron nas súas funcións.

Perante todo isto, o MpDC dirixiuse á Delegación do Goberno para interesarse pola actuación policial durante o 24 de xullo e as cargas policiais que tiveron lugar. O sorprendente é que esta institución estatal foi capaz de contestar que non ten constancia de ningunha denuncia contra as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado nese día pero non se pronunciou sobre as imaxes que se firon de policías pateando a persoas tiradas no chan, outros caídos sen que se lles prestara auxilio ou a de outra persoa que estaba sentada na terraza dun bar e caía no chan a consecuencia da actuación policial.

Ademais, a presencia dos axentes durante unha manifestación da CIG con motivo do convenio da Hostalaría foi tamén absolutamente desmesurada. Unha protesta totalmente correcta e na que non houbo ningún altercado pero contou cunha presión policial absolutametne intimidatoria.

Xa é costume na Delegación do Goberno que cando se achega o día 25 de xullo a Policía Nacional, realizar un despregue policial impresionante na cidade de Compostela. Rexistro dos coches que se achegan a Santiago e a eles lles parecen sospeitosos- sempre soen ser conducidos por xente moza-; rexistro de mochilas ao paso pola praza do Obradoiro- tamén soen volcarse non máis novos- ou outras medidas de control que vulneran os dereitos e o normal desenvolvemento da vida dos cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario