Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC oponse á ocupación do espazo público pola SGAE

Written By Virgulino on 19/9/07 | 10:13

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) rexeita a apropiación do espazo público por parte da Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) acontecida na súa nova sé en Vistalegre. Este colectivo reclama que o Concello trate igual a todos os colectivos e non teña un trato de favor con esta institución.

O Concello de Santiago debe ser estrio ó aplicar as normativas e ordenanzas municipais. Este está seguindo unha política de feitos consumados no caso da nova sé da SGAE na rúa das Salvadas, ao aceptar a invasión da beirarrúa cós accesos ó edificio. Pola contra ó tratar coas organizacións xuvenís, culturais ou colectivos cidadáns aplícanse ó pé da letra as ordenanzas municipais impedindo a realización de concentracións, manifestacións, concertos...

O MpDC non comprende este trato de favor a un ente privado que se lucra coa cultura, impedindo en moitos casos un desfrute libre dela. A SGAE é unha fonte de conflitos cunha parte importante do tecido asociativo compostelán, como desmostra o caso do Cine Clube Compostela.

A SGAE ocupa dun xeito ilegal un espazo público. No proxecto inicial as portas estaban á altura da beirarrúa, mais agora están nunha altura superior, polo que cómpre salvar o desnivel. Para facer isto, construíuse unha rampla e unhas escaleiras que ocupan a beirarrúa. Todo sen permiso. O Concello amañouno eliminando prazas de aparcamento e ensanchando a beirarrúa.

Do MpDC reclamamos o mesmo trato para todas as organización por parte do Concello, e que se arrinca os nosos cartaces, non permitan a invasión dun espazo público.

2 comentarios:

Anonymous dijo...

tinhais qeu fazer um abaixo assinado (p.ex. via web) pra pedir a retirada da SGAE. Muita gente apoiava!

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

A semana que ven remitiriremo o abaixo asinado.

Publicar un comentario