Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís enviou as queixas contra o Valedor do Pobo ao Parlamento

Written By Virgulino on 5/9/07 | 0:03

Hoxe pola maña o MpDC remitiu todas as queixas que non foron contestadas pola Institución ao Parlamento para que este esixira a súa rápida resolución

Ao colectivo estráñalles que o Valedor informe ao medios de que contestará as petición recibidas o mesmo día que se rexistra no Parlamento Galego as queixas que non foron contestadas polo Sr. Benigno. Para o MpDC non é de recibo que o Valedor do Pobo xustifique a falta de contestación en que estaba de vacacións xa que non é el persoalmente quen nas tramita.

Por outro lado, o Valedor do Pobo debe explicar a que se refire con que recibiu "numerosas queixas de certos sectores sociais". As queixas recibidas polo Sr. Benigno, e que non foron contestadas, foron enviadas por cidadáns de Galiza de forma individual e anónima. Das palabras do Valedor do Pobo pódese deducir certa discriminación de cara a estas persoas, como se de un colectivo diferenciado se tratara.

Novamente o MpDC pide ao Sr. Benigno que estea a altura do seu cargo, trate a todos os galegos e galegas có mesmo respecto e non diferencie entre sectores sociais. Os dereitos son os mesmos para todos e o Valedor debe defendelos por igual, non por sectores sociais.

0 comentarios:

Publicar un comentario