Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo considera que o Concello de Compostela poido vulnerar o principio de publicidade dos plenos

Written By Virgulino on 6/9/07 | 15:31

Segundo a Institución, só podería expulsar ás traballadoras de limpeza no caso de que impedira o normal desenvolvemento do pleno, pero non podería negar a súa entrada ao mesmo.

Tras a denuncia presentada polo MpDC polo impedimento de que varias traballadoras da limpeza puideran asistir ao Pleno do pasado 28 de febreiro, a Institución do Defensor del Pueblo ven de trasladar as seguintes consideracións:

“Efectivamente, a restricción do acceso ao Pleno denunciada por vostede podería haber suposto unha limitación do principio de publicidade das sesións do Pleno establecido no artigo 70.1 da Lei de Bases do Réxime Local e no artigo 88.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporación Locais, principio que ampara, en circunstancias normais, o libre acceso a ditas sesión no exercicio do dereito fundamental que o artigo 23.1 da Constitución recoñece a todos cidadáns a participar nos asuntos públicos.”

“Hai que considerar, por outra parte, a previsión do artigo 88.3 do ROF, ao establecer a facultade do Alcalde de, (en casos extremos), proceder a expulsión de quen por calquera causa impida o normal desarrollo da sesión, aínda que da devandita faculta non se derive a posibilidade de impedir ou restrinxir a publicidade da mesma porque se tema ou se presuma que vaia a producirse algunha alteración.”

“E é chegado a este punto, onde podería sinalarse a posible falta de proporción da medida adoptada polo Alcalde de Santiago de Compostela de impedir o acceso ás traballadoras da subcontrata de limpeza do Concello intentando garantir o normal desarrollo da sesión, na previsión de posible altercados dada a situación de conflictividade existente.”


Nembargantes, a consistencia da normativa, o Defensor del Pueblo non seguirá coa investigación ao considerar que debe ser unha persoa directamente afectada a que asine a Queixa, feito que non se axusta a dereito xa que o Defensor del Pueblo ten potestade para investigar de oficio.

0 comentarios:

Publicar un comentario