Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Compostela ten dúas varas de medir á hora de aplicar a Ordenanza de Publicidade Estática

Written By Virgulino on 10/9/07 | 0:47


Négase a borrar os graffitis do Ensanche mentres eliminas os murais con mensaxes sociais que aparecen na cidade.

Ao Movemento polos Dereitos Civís sorpreendeulle motisimo ás declaracións realizadas polo Concello de Compostela durante este fin de semana na que afirmaba que é obrigación dos propietarios das vivendas o borrados dos graffitis que aparecen nas fachadas.

Desde a asociación que defende os dereitos civís en Galiza, lémbrase que o concello dispón de persoal dedicado á retirada de carteis e borrado de murais. Persoal que, en teoría, está contratado para devolver o "ornato e a estética" a cidade e cuxa forma de traballar xa foi denunciado polo MpDC pois borran as mensaxes que se "escriben" nas fachadas pero utilizando gris sobre blanco ou marrón sobre naranxa... amosando que o único que se busca é que non se poidan ler, sin preocuparlle o ornato ou a estética.

Como di a Gentalha do Pichel no seu Blog "Desde há mais de um ano tentamos decorar um muro velho de blocos de cimento com o slogan: ‘Compostela, 100% em galego’. O muro, situado na rua do mesmo nome fica visivelmente mais favorecido com a mao de pintura que até em sete ocasions lhe proporcionámos. O Governo Municipal, porém, prefere, umha e outra vez, eliminá-lo, deixando-o bastante mais feio do que se estivesse a parede nua"

É evidente que os responsabeis da limpeza de Compostela teñen prioridades á hora de utilizar os medios municipais para devolver o Ornato e a Estética a cidade; parece ser que esa prioridade céntrase nas mensaxes que hai naquelas actuación que, segundo estes, deterioran a imaxe de Compostela.

1 comentarios:

Anonymous dijo...

http://chuza.org/historia/o-concello-de-compostela-non-borra-os-graffitis-do-ensanche-pero-elimina-os-murais-con-mensaxes-sociais-da-cidade/

Publicar un comentario