Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

El Defensor del Pueblo reabre un ano despois o expediente ao concello de Santiago sobre publicidade estática

Written By Virgulino on 24/9/07 | 13:14

A entidade local comprometérase a aplicar esta ordenanza municipal fai máis dun ano, pero pasado este período non se avanzou aínda nada

El Defensor del Pueblo comunicou mediante un escrito remitido ao Movemento polos Dereitos Civís a reapertura, despois dun ano, do expediente sobre publicidade estática contra o concello de Santiago. A entidade local, dirixida polo Sr. Bugallo, comprometérase ante a Instituto presidida por Múgica, no 2006 a aplicar a ordenanza municipal pero despois de 365 días non se avanzou nada nesta materia.

O concello de Santiago aprobou no ano 2005 a ordenanza municipal sobre publicidade estática, que contemplaba que nas obras en construcción se colocasen mupis de publicidade estática. Despois de varios escritos remitidos polo MpDC á entidade local, non se obtivo ningunha resposta positiva polo que recurriu ao Defensor del Pueblo.

O concello, ante a obriga de aplicar unha ordenanza aprobada polo pleno municipal, comprometeuse a aplicala no ano 2006, pero a realidade é que a día de hoxe, non hai ningunha obra que conte cun panel para colocar a publicidade estática.

Por todos estes motivos, o MpDC solicitará ao Defensor del Pueblo que obrigue ao concello de Santiago a aplicar tal ordenanza, e en caso contrario, que sancione a esta entidade local, que, en varias ocasións, atenta contra os dereitos dos cidadáns, como pode verse tamén nas cámaras de videovixiancia.

0 comentarios:

Publicar un comentario