Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís preguntará ao Concello de Vigo, á Delegación do Goberno e á Axencia Española de Protección de Datos polas cámaras da ORA

Written By Virgulino on 13/9/07 | 10:52

Queren saber quen gardará as imaxes, quen se encargará do control das pantallas e como se garantizará o dereito de acceso, rectificación e cancelación das imaxes. Lembra que son cámaras privadas que vixiarán lugares públicos.

O Movemento polos Dereitos Civís volta a criticar a utilización descontrolada de cámaras de videovixiancia para os fins mais remotos. Neste caso denuncia a instalación de 20 cámaras no centro de Vigo para o control da ORA. A asociación de defensa de Dereitos Civís lembra que xa noutras localidades como Ourense, Ribeira ou Santiago as cámaras instaladas para o control de Tráfico foron utilizadas para outros fins distintos. Incluso en Lugo instaláronse cámaras que, lonxe de controlar o que acontecía na Rúa, centrábase no que ocorría no Interior de un edificio.

Por todo iso o MpDC vaise dirixir ao Concello de Vigo para pedirlle que non permita a instalación das cámaras e á Delegación do Goberno e á Axencia Española de Protección de Datos para comprobar que estas se axustan a dereito.

0 comentarios:

Publicar un comentario