Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Quen nos vale do Valedor?

Written By Virgulino on 5/8/07 | 14:49


En chuza encontramos o que consideramos unha interesante idea. Fronte as declaracións do Sr. Benigno López, no que se minusvaloraba gravemente o galego, presentar queixas perante a Institución do Valedor do Pobo para que faga as recomendacións oportunas ao Sr. Benigno có fin de que cumpra có mandato recibido, entre o cal se encontra o de defender os nosos dereitos lingüísticos.

Na noticia de chuza incluíase a páxina do Valedor para facer esa queixa. Agora o MpDC fai unha proposta de texto que esperamos, vos sexa útil.

En todo caso, despois de enviar a queixa por mail, consideramos interesante remitila por correo ordinario.

Saúdos e ánimo

Chuza

Mais información

0 comentarios:

Publicar un comentario