Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Valedor do Pobo non responde a ningunha das queixas contra as súas declaracións nas que minusvaloraba gravemento o galego

Written By Virgulino on 28/8/07 | 11:24

Máis de 90 queixas non recibiron a día de hoxe o acuse de recibo que obriga a Lei do Valedor do Pobo

Movemento polos Dereitos Civís quere denunciar o incumprimento das obrigas dunha institución pública como é o Valedor do Pobo. O pasado 31 de xullo, o propio Benigno López facía unhas incomprensibéis declaracións a diversos medios nas que minusvaloraba gravemente o galego. Este feito fixo que máis de 90 persoas, a iniciativa do MpDC, enviaran as súas queixas ao propio Valedor, e polas que non obtiveron, case un mes despois, resposta algunha.

Nestas queixas, a cidadanía facía algunha recomendación ao Sr. Benigno en aras de que cumprira o mandato recibido e un dos fins encomendados no seu nomeamento, como é a defensa dos nosos dereitos lingüísticos. Hai que lembrar que o Valedor do Pobo facía o pasado mes de xullo varias declaracións aos medios de comunicación que minusvaloraba o noso idioma.

Nelas, Benigno López afirmaba, por exemplo, que “o principal inconveniente que pode ter o uso do galego na administración de xustiza, é que pode resultar, en certo xeito, perigoso”. Ou tamén dicía, sen ningún tipo de reparo, que “pretender que un xuíz someta unha sentencia dictada en castelán á traducción dunha oficina é, igualmente, perigoso por que nunha sentencia non hai só unha literalidade, se non que vai imbuída do espírito da sentencia, é dicir, o que o propio xuíz que a dictou quere dicir nela, e é difícil que esta percepción póidase facer por terceiras persoas”.

O MpDC denunciou publicamente no seu día a inconvenencia de facer unhas declaracións coma estas, sobre todo, ao tratarse do Valedor do Pobo, unha institución pública que como ben di o nome, pulará para a defensa e lexitimidade dos dereitos da cidadanía, non para posicionarse dun único lado da balanza.

Por todos estes motivos, o MpDC solicita ao Valedor que remita a contestación oportuna a cada unha das queixas recibidas e rectifique as súas declaracións nas que minusvaloraba o noso idioma.

6 comentarios:

rapariga dijo...

A verdade e que eu presentei a mina qeixa fai semana e ainda non me contestou

Fer dijo...

Eu entreguei a minha reclamaçom pessoal vai mais de três semanas, tenho a copia selada coa data de entrada, e nom tenho resposta.

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

A atención de Fer.

Desde o MpDC vamos enviar as copias que nos chegaron por mail (as 90) no Parlamento para protestar pola actuación do Valedor.

Nos sería de grande interese poder aportar a túa tamén.

Si queres, nola podes facer chegar escaneada ao mpdc@movemento.org ou a nosa dirección Posta (Rúa Miguel Ferro caaveiro, 10 | Santiago de Compostela)

Saúdos

Anonymous dijo...

Noraboa polo novo desenho da páxina ;)

E gracinhas polo voso trabalho

kiko das Leiras

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

Gracias a ti Kiko, e seguiremos intentando millorar a páxina.

Anonymous dijo...

Non me deas as gracias ;)

O trabalho é voso!

Publiquei esta nova no web da CiberIrmandade.

http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/304/1/

Por certo, podes subir á páxina algun logo máis pequeno do MpDC pra empregar esa URL nas vindeiras novas??

Apertas

Kiko das Leiras

Publicar un comentario