Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís condena enerxicamente a redada realizada pola Policía Nacional conta os inmigrantes de Coruña

Written By Virgulino on 31/8/07 | 14:04

Considera que novamente se opta por unha redada mediática, como xa se fixo o ano pasado.

O MpDC volve a condenar enerxicamente a redada realizada no día de onte na Rúa Real de A Coruña. Desde o Movemento polos Dereitos Civís consideramos que si o que se buscaba era a efectiva detención das persoas que estaban a cometer algún delicto existía outros métodos máis efectivos como que os policías de paisano procederan a detención daquelas persoas que estaban a vender material ilegal e de forma selectiva.

Actualmente a Delegación do Goberno está denunciada no Xulgado Contencioso-Administrativo por non facilitar os informes nos que, segundo o Sr. Ameijeiras, se basearon para afirmar que a redada realizada se realizou de forma correcta e garantido os dereitos dos alí presentes.

Cando a día de hoxe non está aclarada a proporcionalidade e legalidade da redada realizada no 2006, O MpDC observa con incredulidade esta nova demostración de forza e considera que debe comprobarse que se están a garantir os dereitos das persoas cando se realiza unha redada arbitraria como a que se fixo o ano pasado e este ano. Queremos chamar a atención que o principal indicio dos Corpos e Forzas de Seguridade para realizar as detencións é a cor da pel dos arrestados.

4 comentarios:

Anonymous dijo...

isto é incríbel, maderos de paisano como solución pacífica e óptima para esta situación

están de coña vostedes non??

Anonymous dijo...

Indignante, parece mentira que pasen estas cousas.

obxectivo dijo...

si se lé de forma obxectiva podes observar que non se propón como solución, xa que o MpDC non considera que as actividades dos inmigrantes sexa un problema de seguridade pública.

O que se di é que si a policía buscaba realmente facer "cumprir a lei" e sancionar a sospeitosos de pirateo houbera utilizado outros métodos mais "efectivos" e menos espetaculares.

Está claro que buscaban amosar que ese non era o obxectivo da policía. Xa que a policía non deten de forma tan espetacular a Paco Vázquz que veio vulnerando a lei de normalización linguistica de forma continuada a pesar das sentencias do Supremo.

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

Desde o MpDC lamentamos que se fixera a interpretación de que xustificamos a detención de persoas que simplemente buscan unha forma de vida considerada ilegal por este sistema que non lles permite vivir doutra maneira.

Nada mais lexos da nosa intención.

Publicar un comentario