Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís xa non se reunirá coa Unión Federal de Gardas Civís

Written By Virgulino on 10/8/07 | 11:43

O encontro fora solicitado por Javier Martinez (representante en galiza da UFGC) durante o pasado mes de Xullo

O MpDC decidiu non encontrarse coa Unión Federal de Garda Civís, tal e como pedirá o seu representante en Galiza, ante a postura intransixente e fundamentalista que ven mantendo nos medios de comunicación pola actuación de Banda Bassoti en Ferrol e o debate sobre o galego có Bloque Nacionalista Galego.

Aínda que o MpDC apoia as críticas realizadas por ese colectivo á detención de un membro da Garda Civil (tamén quere lembrar que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado realizan detencións similares a cidadáns galegos e que logo son defendidas por eses mesmos funcionarios nos xuízos correspondentes sen ningunha tipo de crítica pola súa parte) considera que a actitude amosada pola Asociación Profesional é pouco respectuosa cós dereitos dos demais cidadáns.

A falta de respecto ao nosos dereitos lingüísticos e chamamentos á desobediencia civil con frases como “a Unión Federal defenderá aos axentes no uso do castelán e participará activamente en campañas de desobediencia á norma” ou ameazar ao alcalde de Ferrol con declaralo "persoa non grata" e emprender accións xudiciais contra el por permitir o concerto de Banda Bassotti supoñen unha liña de actuación que amosa corporativismo e pouco respecto as normas vixentes.

A Garda Civil ten que respectar a lexislación vixente, como calquera cidadán, niso se basea un Estado de Dereito. A lexislación recoñece que os cidadáns galegos teñen dereito a seren atendidos en galego e os Corpos de Seguridade do Estado teñen a obriga de cumprilo. A liberdade de expresión é unha das bases do mencionado Estado de Dereito e o deber da Garda Civil e garantir esa liberdade de expresión, non ameazar aos representantes do pobo con demandas por permitir o exercicio dese dereito. No referente á detención irregular dun membro da Garda Civil, o MpDC considera que a UFGC debe manter a mesma postura con todos os cidadáns e denunciar cando se aprecien casos similares con civís e non só cando lles afecte a membros dese Corpo, amosaría coherencia cós seus postulados e permitiría visualizar un menor corporativismo.

Por todo iso, o MpDC considera que non se pode reunir coa UFGC, amósase un colectivo excesivamente corporativista e que incluso mantén posturas contrarias a lexislación vixente. Desobediencia esa lexitima, pero que os seus propios membros son os encargados de reprimir cando o fai o resto da cidadanía.

Mais información da UFGC sobre a reunión.

3 comentarios:

Anonymous dijo...

Creo que eaa no es la postura correcta de una organización que dice defender los derechos civiles de los ciudadanos.

si hay discrepencias con la unión federal de guardias civiles, éstas no tienen porque afectar al caso concreto que se alude - la detención del agente - pues el problema es ajeno.

lo contrario es situarse en una posición politica muy clara y que prentende defender sólo los derechos de un grupo concreto de personas.

saludos

Anonymous dijo...

Penso que o pobo galego quere conservar a sua lingua. Ten todo o dereito do mundo.
Non se lle pode quitar parte das suas raizes asi como asi.
Que problema teñen coa nosa lingua

Anonymous dijo...

Para o do primer comentario:

O primeiro de todo e que dado que a garda civil é un corpo militar, non estou eu seguro de que se poidan chamar "civís" os seus integrantes. Por outra parte, unha organización que declara abertamente que se pasa por certas partes os meus dereitos lingüisticos e os de tódolos galegos non merece (na miña opinión) apoio ningún, tampouco do MpDC, pois cómo pode dicir o MpDC que defende os nosos dereitos e a sua vez defender a aqueles que desprezan os nosos dereitos, non ten sentido. E isto non ten ningunha connotación política, o galego o falan os votantes de tódolos partidos políticos de Galiza.

Publicar un comentario