Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Ao Defensor del Pueblo non lle convence o informe do Concello de Santiago sobre o trato aos músicos da rúa

Written By Virgulino on 2/8/07 | 13:56

Segundo a Institución “Se ha recibido el preceptivo informe remitido por el Ayuntamiento de Santiago de Compostela, y a la vista del mismo, hemos considerado necesario dirigirnos de nuevo a dicha corporación solicitando una ampliación de su contenido”

Despois de que o Concello de Compostela negarase a colaborar co Defensor del Pueblo, non facilitando a información solicitada ata en dúas ocasións, agora remítelle información incompleta e limitada, obrigando á Institución de Defensa dos Dereitos dos Cidadáns a reclamar unha ampliación.

Desde o MpDC queremos chamar a atención sobre o escurantismo do Concello de Santiago na súa relación cós músicos da rúa. O MpDC presentou unha queixa no 2006 a raíz da actuación policial contra Gert Genisser, músico alemán que fora víctima dunha detención ilegal só polo feito de tocar a gaita na zona vella de Compostela sen o permiso que o Concello lle esixe aos músicos de rúa. Xa no 2001 a Policía Local lle rompera dúas gaitas. A Policía chegou a esixirlle que abandonara a cidade.

O MpDC tenlle lembrado ao Defensor del Pueblo que ten formulado en reiteradas ocasiones peticións de información ao Concello de Santiago sen recibir resposta, nalgún caso referido a actuacións que se remontan a 2005. O Concello de Santiago de Compostela demostra ser absolutamente irrespectuoso coa Institución, e ademais ignora as continuas denuncias formuladas contra membros da Policía Local, sen tomar cartas no asunto. Agora terá que dar explicacións detalladas ao Defensor del Pueblo das actuacións deste Corpo de Seguridade cós músicos da rúa

0 comentarios:

Publicar un comentario