Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC considera que o Valedor do Pobo non está en condicións de defender os dereitos lingüísticos

Written By Virgulino on 31/7/07 | 17:41

Despois das entrevistas publicadas hoxe, na que o novo Valedor do Pobo fai unha serie de valoracións sobre o galego, o MpDC estima que o novo representante da Institución non ten sensibilidade cara os problemas de discriminación por razón de lingua.

O Movemento polos Dereitos Civís considera que o Valedor do Pobo amosou unha nula sintonía cós problemas lingüísticos de Galiza. Para o MpDC resulta moi complicado ter confianza na imparcialidade do Sr. Benigno e pensar que vai defender os dereito lingüísticos recoñecidos na lexislación vixente.

Da súa intervención pódese extraer unha minusvalorización do galego que non lle permite visualizar como importante a defensa dos noso idioma. Coñecendo o funcionamento desa Institución, o MpDC pode prever o camiño que levarán as queixas que se presenten e fagan referencia a ese ámbito do dereito: demoras de entre seis meses e un ano para a súa aceptación a trámite ou o seu rexeitamento por defectos de forma ou mesmo sen base legal.

Desde o MpDC pedimos que, si o Sr. Benigno ratifica o dito, dimita por recoñecer implicitamente a súa incapacidade para actuar con obxectividade nos asuntos que se lle presenten.

Dereitos Civís insiste que a elección do Valedor do Pobo necesita algo mais que un consenso entre forzas políticas; necesita un consenso social que permita por diante desta Institución a persoas que sexan realmente sensibles cós dereitos da cidadanía e eviten que estea a súa fronte figuras como a do Sr. Sande ou persoas que fagan declaracións como a do Sr. Benigno. Desde o MpDC non temos constancia do seu traballo previo polos dereitos cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario