Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Un sarxento da Policía Local de Compostela afirma que as cámaras non gravan

Written By Virgulino on 26/6/07 | 13:24

Despois de anos de peticións denegadas, permitiuse o acceso da cidadanía ás imaxes para afirmar que non quedan rexistradas

Un sarxento da Policía Local de Compostela afirmou na semana pasada que as distintas cámaras instaladas no casco vello da cidade, así como as que teñen como función teórica a supervisión do tráfico en distintos pontos da cidade, non realizan tarefas de gravación. Segundo estas declaracións, as imaxes só son captadas no momento e supervisadas polos axentes encargados desa función, pero non realizan ningunha gravación.

Trátase dunhas declaracións sorprendentes, xa que durante anos o Concello non respondeu ás solicitudes de acceso ás imaxes, cando podería ter afirmado que non existían desde o primeiro momento. Ademáis, os dispositivos están equipadas con discos duros de alta capacidade para almacenar gravacións, e o Valedor do Pobo tiña recoñecido nun documento que efectuaban tarefas de gravación.

De producirse gravacións, as imaxes son consideradas datos personais, e a cidadanía ten polo tanto dereito a acceder ás mesmas e a exixir que se borren (como no conxunto de datos que as administracións posúen). Na semana pasada, unha persoa accedía, por primeira vez, á sá de control das imaxes para acceder ás gravadas da súa persoa, pero alí era informada de que non quedaba ningunha imaxe gravada.

Esta nova ensarilla aínda máis a cuestión da videovixilancia en Santiago, xa que a entidade local nunca acreditou se todas as cámaras contan cos permisos en regra e sempre se negou a facilitar información sobre a videovixilancia; até o de agora, as cámaras non serviron para resolver nen un só suposto delicitivo.

0 comentarios:

Publicar un comentario