Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Preséntase un Informe sobre a Policía Local de Compostela

Written By Virgulino on 7/6/07 | 12:51

Actuacións violentas e ilegais que non son investigadas nen rectificadas


O MpDC vén de presentar un informe sobre a actuación da Policía Local de Compostela nos últimos meses. O informe realiza un breve percurso por unha serie de actuacións deste corpo denunciadas publicamente nos últimos meses: agresións, detencións ilegais, identificacións arbitrarias, manipulación ilegal de datos persoais ou proibicións de acceso a plenos municipais. Constátase unha actuación que viola de xeito constante e deliberado os dereitos da cidadanía e que non ten un carácter illado ou ocasional, senón que demostra unha certa permanencia no tempo e unha actitude estructural que se remonta no tempo, xa que en anos anteriores rexístranse actuacións moi semellantes.


Este informe recoñece que existen dous casos nos que a xustiza impuxo condenas mínimas a varios policías por agresións, pero son unha excepción dentro das actuacións denunciadas, e o máis grave é que tanto as autoridades municipais como os responsábeis policiais negaronse sempre a asumir ou investigar estas graves actuacións. Entendemos que, dada a situación, é imprescindíbel que a cidadanía coñeza a realidade da actuación deste corpo e que exixa un cambio na postura dos responsábeis municipais, que sempre manifestaron plena confianza na corrección das actuacións deste corpo.


O MpDC exixiu que desde a Dirección da Policía Local de Santiago se fixesen unha serie de recomendación para modificar estas actitudes e combater as conductas erróneas, sancionando aos infractores, pero ningunha destas medidas foi nunca posta en práctica. O informe será posto en coñecemento do Defensor del Pueblo.

0 comentarios:

Publicar un comentario