Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pregunta á Delegación do Goberno se é certo que os policías graban de forma irregular os detidos

Written By Virgulino on 19/6/07 | 10:28

O MpDC vén de preguntar á Delegación do Goberno polas gravacións dos detidos nas dependencias policiais que foron obtidas de xeito irregular. Esa forma de actuar, que vulnera tanto a Lei de Videovixilancia como a de Protección de Datos, foi recoñecida polo voceiro dun sindicato policial nun telexornal de Telecinco recentemente. Segundo o sindicato policial, é habitual que se usen métodos proprios (teléfonos e cámaras) para se defender no suposto de denuncias de maus tratos.

As autoridades policiais tentan impulsar un discurso xustificativo en relación aos abusos denunciados recentemente, dentro do cal se encadrarían estas declaracións. Recentemente, varios mossos d'esquadra foran descubertos mentres maltrataban a detidos, nun vídeo que recollía unha malleira, e que foi difundido na rede e en diverso medios de comunicación.

Diversos estamentos policiais tentan reaccionar e defender a súa imaxe socialmente. en ocasións mesmo xustificando as malleiras e criticando o uso regulado das cámaras nos interrogatorios, unha demanda tradicional de varios organismos de dereitos humanos. Tan só no ano pasado, rexístraronse máis de 600 denuncias de maos tratos nas comisarías no Estado Español, a maioría en Catalunya e en Galiza.

Porén, de se confirmar a certeza dos feitos e a existencia destas peculiares medidas de "autoprotección", estarían a recollerse datos sen o consentemento das persoas afectadas e sen o amparo de ningunha lexislación ou regulación, co cal se convertirían nunca práctica arbitraria e a disposición do estamento policial, e sen que as persoas afectadas pudieran facer valer os seus dereitos. Para facer uso de vídeocámaras móviles é necesario contar coa autorización previa do responsábel provincial das Forzas e Corpos de Seguridade, que debe xustificar a idoneidade da mesma.

O MpDC solicitou xa da Delegación do Goberno unha investigación que aclare se se trata dunha práctica habitual.

0 comentarios:

Publicar un comentario