O Ministerio do Interior minte ante o Defensor del Pueblo para xustificar unha intervención policial
Written By Virgulino on 1/6/07 | 13:29
Afirma que un grupo de mozos borrara parte dunha placa que indica o nome dunha rúa cando está gravada na pedra
O Ministerio do Interior vén de remitirlle ao Defensor del Pueblo un informe xustificativo dunha actuación policial na que manipula a realidade para xustificar a corrección da Policía nese momento, no que supón unha falsidade nun documento público.
A Policía identificara, cun grande desplegamento policial, a un grupo de mozos hai dous anos, e requisara diverso material da organización á que pertencían. Para xustificar a actuación, o informe do Ministerio afirma que os mozos chegaran a “ borrar parcialmente”as letras da placa da rúa “Juan Carlos I”, en Santiago de Compostela. Ademáis, chégase a afirmar que a policía falou con varios transeúntes que afirmaron que os mozos tentaran borrar as letras antes de colocar o cartaz que portaban. Porén, os transeúntes que inventa a policía si que puideron escoller “permanecer no anonimato”, segundo afirma textualmente o informe.
Trátase dunha mentira absurda urdida por alguén que nen sequera coñece a rúa, porque a placa está gravada na pedra, como aínda hoxe se pode comprobar, e non pode ser borrada. Concluímos que a Dirección Xeral de Policía inventou o borrado e mesmo os testemuños dos transeúntes. Na mesma liña, o tamén é falso que un funcionario policial se identificara, como afirma o informe policial, pois todos se negaron a facelo, aínda que é a súa obriga.
No acto simbólico, sen ningún tipo de incidente, os mozos foran rodeados por tres coches e unha moto da Policía Nacional, e víronse reclamados a se identificar polos axentes, que tamén requisaron o material que portaban, carteis da campaña que estaban presentando. Os cidadáns tamén solicitaron aos axentes que se identificasen co seu número de placa, ao cal estes se negaron con actitudes prepotentes e provocadoras.
Máis de dous anos despois de que fose interposta a queixa, e despois de que o MpDC non recebera contestacións claras da Delegación do Goberno en Galiza, a Dirección Xeral de Policía contestou ao Defensor sobre a súa actuación manipulando deliberadamente a realidade.
Etiquetas:
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Delegación do Goberno,
Dereito das Persoas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario