Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo aceita unha queixa contra as cámaras da Coruña

Written By Virgulino on 26/6/07 | 13:25

A Axencia de Protección de Datos está a investigar tamén

O Defensor del Pueblo vén de aceitar unha queixa, presentada polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) ante a instalación irregular dos dispositivos de videovixilancia na Coruña. Estas cámaras foran colocadas no mes de agosto do ano pasado sen contar cos permisos pertinentes, xa que o Concello só comezou os trámites para solicitar a autorización en decembro.

A Delegación do Goberno autorizaba estas cámaras recentemente, -e moitos meses despois da súa instalación-, o que pode non abondar para impedir que o Defensor advirta dunha actuación inadecuada e fóra da lexislación por parte da cámara local.

Tamén a Axencia Española de Protección de Datos está a investigar cal foi o tratamento das imaxes gravadas durante este tempo, xa que son consideradas datos personais e teñen que cumprir unhas determinadas garantías. Así, as imaxes teñen que ser utilizadas para un fin concreto, e teñen que ser destruidas no caso de non ser necesarias.

O Concello da Coruña ignorou por completo toda a lexislación referente á videovixilancia e optou por unha política de feitos consumados, que agora podería traer consecuencias se as institucións como as mencionadas deciden actuar. Significativamente, a proposta inicial do Concello, e que xa tivo que ser correxida pola Delegación do Goberno, era adxudicar parte da función da vixilancia a unha empresa privada de seguridade, o que está prohibido xa que só o poden realizar axentes policiais.

0 comentarios:

Publicar un comentario