Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Merca o informe 2006 do MpDC - Colabora coa defensa dos nosos dereitos e liberdades

Written By Virgulino on 25/6/07 | 16:27

Un ano mais o Movemento polos Dereitos Civís ven de presentar o seu informe anual; unha recopilación do traballo realizado durante o ano 2006 xunto coa aportación de Avogados, profesores, estudantes, xornalistas, escritores e asociacións en relación coa vulneración de dereitos fundamentais acontecidos durante o ano pasado.

O MpDC pretende que o informe sirva como material para o debate sobre a saúde dos nosos dereitos e liberdades e para iso buscaremos seguir incluíndo colectivos na súa redacción e có apoio destes, e dos colabores e colaboradoras do MpDC, abrir investigacións sobre as distintas actuación que por distintos motivos non reciben respostas por partes dos valedores institucionais dos dereitos e liberdades. Para a elaboración do mencionado informe, que conta cun prólogo de Antón L. Dobao (Escritor) e unha introtudcción de Rafa Villar (Escritor) contamos coa colaboración de:

  • Alejandro Martín: Avogado
  • Andres Fariña: Avogado
  • Antolín Alcántara: Sindicalista
  • Begoña Ares: Licenciada en Dereito
  • Braulio Amaro Caamaño: BDG
  • CEIVAR
  • Fins Eirexas: ADEGA
  • Fran del Buey: Asocación PreSOS Galiza
  • Iván Fernández: Xornalista
  • José Angel Brandariz: Profesor de Dereito Penal (UDC)
  • Luz María Puente: Investigadora an UDC
  • Manuel Martín García: Secretario da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública
  • Miguel Ángel Fernández Rodríguez: Avogado e Secretario Xeral da Asociación Xustiza e Sociedade
  • Miguel Fernández Blanco: Voceiro do Foro de Inmigración
  • Mirian Fernández: Xornalista
  • Nemesío Barxa: Avogado
  • Ramón Barreiro: Licenciado en Dereito
  • Ramón Losada: Avogado
  • Santiago Agra: CAE
  • Serxio Aller: Xornalista
  • Xosé Emilio Vicente: Xornalista

Esta publicación véndese ao prezo por exemplar de 5 euros mais gastos de envio. O pagamento pódese realizar mediante ingreso no número de conta de Caixanova: 2080/0540/44/0040000724, facendo constar nome do/a interesado/a, ou especificar que o enviemos contra reembolso.

Para calquera aclaración vostede pode contactar con nós por medio deste e-mail, por medio do móbil 610858850, do fax 981571082 ou no enderezo abaixo reseñado.

Os pedidos pódense facer neste formulario

0 comentarios:

Publicar un comentario