Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

27/06/07: "México: autonomía e identidade no Mundo Globalizado"

Written By Virgulino on 23/6/07 | 12:40


O MÉRCORES DÍA 27 ÁS 8 DA TARDE NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA, CONFERENCIA DO ESCRITOR MEXICANO LEONARDO DA JANDRA.

PRESÉNTAO: RAMÓN CARIDE

LEONARDO DA JANDRA


Nace en 1951 en Chiapas, México. Pouco antes de cumplir un ano, seus pais levárono cos avós á mítica Arousa, na Galicia céltica, e alí medrou entre tres referencias que marcaron para sempre o seu destino: o mar, o culto ós mortos e Valle Inclán. Realiza os seus estudos en Santiago de Compostela e Madrid, onde se entrega apaixoadamente á filosofía alemana; e xa na ciade de México, onde regresa cara comezos do 70, cursa na Universidade Nacional (UNAM) un doutorado de Filosofía da Matemática co egregio filósofo arxentino Mario Bunge. Cuestionador profundo do modelo unidireccional xudeocristián, é un defensor a ultranza da utopía mínima (grupal ou de parella), a mesma que leva vivindo a plenitude dende hai 25 anos coa súa compañeira, a pintora e ecoloxista Raga, nunha paraxe paradisíaca da costa oaxaqueña, que, grazas ós seus esforzos foi declarado Parque Nacional Huatulco.

A súa obra, que reflicte de xeito crítico a inquedanza intrahistórica da Xeración do 98 (sobre todo Valle-Inclán e Unamuno), é unha especie de ponte natural entre a cultura peninsular e a mexicana. Coa publicación da súa novela Samahua -expresión cimera do xénero que o autor mesmo acuñou como realismo nucleohistórico- gañou o Premio Nacional de Literatura IMPAC en 1997.

Publicou: Entrecruzamientos; Totalidad, seudototalidad y parte; Huatulqueños; Tanatonomicón; Presentáneos, pretéritos y pósteros; Arousiada; Los caprichos de la piel; Samahua; En el corazón de un sol herido, e a última novela, La Hispanidad: fiesta y rito, unha obra decisiva para entender a identidade hispana.


Sinopse

Trátase de analizar o problema das identidades particulares no mundo de hoxe, centrándose no caso mexicano, pero visto desde a periferia da costa oaxaqueña e non desde os despachos de México D.F., e aplicando tamén unha perspectiva galega, á que o autor non renuncia, malia a súa longa estadía alén mar. A identidade non é só un problema cultural, senón cada vez máis un dilema ecolóxico-económico. Non se procura unicamente -ou non se debería procurar só- conservar as linguas ou culturas minorizadas, senón que se trataría de preservar e desenvolver de xeito harmónico todos os seus recursos autóctonos, naturais e patrimoniais, ameazados pola sobre-explotación do capital trasnacional. Esta problemática é común a todas as nacionalidades e etnias do planeta, no contexto uniformador da globalidade imperante.

Da Jandra analizará o problema das autonomías e das distintas identidades, indíxenas e/ou urbanas, no contexto do proceso global. Para México, é unha referencia fundamental o que está acontecendo no estado español, coas seus diferentes autonomías, ante o perigo de balcanización que se presinte en Mesoamérica.

0 comentarios:

Publicar un comentario