Un cacheo realizado no 25 de xullo non aparece en ningún informe
O MpDC denuncia unha posíbel actuación desproporcionada e unha ocultación de información deliberada
Segundo recollían os medios de comunicación a partir dos testemuños de varios cidadáns, unidades antidisturbios da Policía Nacional realizou unha intervención na madrugada do 25 de xullo de 2006, ás 5:30 da mañá, cando un mozo estaba a sangrar pola cabeza, na cal se cacheou a un número indeterminado de mozas e mozos e na cal chegaron a participar até doce furgóns. Sen embargo, nin nos días posteriores nin nos 6 meses seguintes a Policía Nacional nen a Local facilitaron ningunha información ao respeito, e negaron mesmo que existise constancia dos feitos, que non aparecen reflectidos en ningún informe.
Tal e como acontece noutros casos, o Movemento polos Dereitos Civís quer denunciar o ocultamento de información das autoridades policiais, con algo tan sinxelo como non reflectir nas súas actas as súas intervencións para declarar que non existiron nunca. O MpDC dirixiuse até en tres ocasións á Delegación do Goberno en Galiza (en xullo, en outubro e en decembro) para solicitar unha investigación e o paradoiro dos informes policiais, de existir, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Tamén se remitiron solicitudes semellantes á Policia Local de Compostela e a Policía Nacional, que tamén se negaron a facilitar calquera tipo de información.
O Movemento polos Dereitos Civís entende que é lóxico sospeitar que a ocultación pode deberse a unha ausencia de proporcionalidade na actuación, e que se intenta eludir responsabilidades. O que está probado é a violación deliberada do dereito da cidadanía a receber información puntual e transparente das actuacións policiais, e a negativa da Delegación do Goberno a colaborar na investigación destes abusos. O MpDC recurrirá ante o Valedor do Pobo.
Nova recollida en La Voz de Galicia
Unha intervención dos antidisturbios “desaparece” durante máis de medio ano
Written By Virgulino on 29/1/07 | 11:56
Etiquetas:
Concello de Santiago de Compostela,
Delegación do Goberno,
Dereito de Petición
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario