O Xulgado do Contencioso Administrativo Nº2 de Santiago de Compostela ameazou ao concello santiagués con imporlle unha multa por non entregar un expediente. Esta non é a primeira vez que a entidade local incumpre a normativa legal para non responder máis que con silencio.
Os feitos ocorreron no ano 2004, cando o concello de Santiago remitiu ao Defensor del Pueblo un informe, referido á identificación polo seu número de placa dos axentes da Policía Local, no que se recoñece expresamente que existen archivos en poder da citada Forza de Seguridade sobre un membro do Movemento polos Dereitos Civís, feito que constitúe un delicto por parte da administración pois esta persoa nunca foi condenada por ningún Xulgado.
Ante esta información, o MpDC remitiu diversos escritos, en xuño do 2005 e xuño do 2006, ao concello santiagués a á Policía Local, onde se solicitaba acceso, por parte da persoa implicada aos arquivos ou expedientes que obraran no seu poder referidos a esta persoa, tanto persoais como en calidade de membro do Movemento polos Dereitos Civís.
Esta petición dos expediente amparábase na lexislación vixente en materia de acceso aos datos de carácter persoal. Sen embargo, como é de esperar na forma de actuar do concello santiagués, non se obtivo resposta por parte da administración.
O artigo 15 da Ley de Protección de Datos de Carácter Persoal recoñece este dereito de acceso aos datos de carácter persoal, e establécese que o interesado terá dereito a solicitar e obter gratuitamente información dos seus datos privados sometidos a tratamento, así como a orixe dos datos, e as comunicacións realizadas ou que se prevén facer dos mesmos.
En vista da normativa, o MpDC tamén solicitou á Axencia Española de Protección de Datos que investigara esta actuación e que impuxera a sanción pertinente ao concello santiagués.
Ao mesmo tempo, a nosa asociación tamén presentou un contencioso administrativo contra a entidade compostelá. O concello, fiel ás súas malas costumes, decidiu non presentar a documentación reclamada polo Xulgado polo que agora se enfronta a unha posible sanción que pode oscilar entre os 300 e os 1.2000 euros.
Dende o MpDC queremos salientar o inadmisíbel da actitude que se transmite dende o concello santiagués que non lle importa pagar multas por incumprir normativas, sen darse conta de que está a xogar cos cartos de todos os santiagueses e, ao mesmo, tempo vulnerando os seus dereitos, como neste caso o do membro da nosa asociación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario