O Movemento polos Dereitos Civís denunciará ante a Agencia Española de Protección de Datos á Policía Local de Ribeira pola exhibición nos medios de comunicación dunha imaxe de dúas persoas mentres pelexaban. A instantánea foi tomada polas cámaras de videovixiancia que controlan o tráfico da vila coruñesa.
Desde o MpDC, consideramos unha vulneración clara do dereito ao honor e á intimidade, recollidos na Constitución Española, dos cidadáns que alí aparecen. Según aparece publicada hoxe nos medios de comunicación, a imaxe foi tomada o pasado luns mentres dúas persoas pelexaban, ao parecer por un axuste de contas.
A fotografía, no seu pé de páxina, aparece referenciada á Policía Local de Ribeira, que non negou os feitos. Non parece de recibo que uns dispositivos de videovixiancia se adiquen a controlar ás persoas, función para a que non foron instaladas e que polo tanto non poden desempeñar, caendo, no uso contrario, nun delicto.
Segundo o artigo 10 da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal:
“El responsable del ficheiro y quienes intervegan en cualquier fase del tratamiento de los datos de carácter personal están obligados al secreto profesional respecto de los mismo y al deber de guardarlos, obligaciones que substituirán aún después de finalizar sus relaciones con el titular del fichero o, en us caso, con el responsable del mismo”
Esta vulneración está tipificada como grave, no artigo 44.3 de dita norma, que considera como tal “La vulneración del deber de guardar secreto sobre los datos de carácter personal incorporados a ficheros que contengan datos relativos a la comisión de infraccións administrativas o penales”.
Día tras día, o MpDC no seu traballo pode observar como as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado vulneran de xeito claro os dereitos dos cidadáns, neste caso no que se refire ao dereito ao honor e á propia intimidade.
No día de onte, relacionado con este feito, puidemos ter constancia de que a Agencia Española de Protección de Datos, comezaba os trámites para sancionar á Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil polo tema dos carteiristas da Coruña, onde os axentes fixeron públicas fotografías de delincuentes fichados aos conductores dos buses urbanos.
Un feito xa denunciado
Por outro lado, o MpDC xa denunciara no seu momento o feito de que o concello de Ribeira instalara cámaras para controlar o tráfico da vila. A fundamentación da nosa denuncia consistía en sinalar que non era preciso a colocación destes dispositivos para poñer unhas cantas multas, cando o que ían era a controlar a tódolos cidadáns que pasaran camiñando polo seu campo de gravación.
Poucos meses despois, a realidade deulle a razón a denuncia feita polo Movemento polos Dereitos Civís e sae á luz cal é a finalidade deste dispositivos, o control da cidadanía e a vulneración dos seus dereitos.
O MpDC denunciará á Policía Local de Ribeira pola exhibición dunha imaxe de dúas persoas tomada polas cámaras que controlan o tráfico
Written By Virgulino on 24/1/07 | 13:38
Etiquetas:
Actuacións Policiais,
Concello da Coruña,
Concello de Ribeira,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario