Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O concello de Santiago non plantexa aplicar as sancións ás empresas que incumpran a ordenanza de publicidade estática

Written By Virgulino on 24/1/07 | 12:09

O concello de Santiago enviou un escrito ao Defensor del Pueblo, xustificando o incumprimento da ordenanza de publicidade estática, no que sinala que o único que vai a facer é enviar o texto á Federación Gallega de la Construcción.

Deste xeito, a entidade local compostelá incumpre de xeito claro a ordenanza pois, ao estar esta vixente dende o ano 2004, tería que sancionar ás empresas que a incumpriran e non enviar o texto a modo informativo.

Como poden observar tódolos cidadáns de Compostela, ningunha empresa da construcción habilitan os debidos paneis destinados á colocación de cartaces ou outras formas de comunicación social, segundo se recollía no texto.

Parece, inadmisíbel, e así o quere facer saber o MpDC, que dende unha entidade pública se aprobe unha ordenanza que despois non se faga cumprir, e aínda por encima, o recoñezan sen ningún tipo de reparo, mentres está sancionando a aqueles colectivos que buscan divulgar as súas actividades a través da colocación deste tipo de publicidade.

Ante esta actitude neglixente do concello, o Movemento polos Dereitos Civís reclamará ante o Xulgado unha sanción para tódalas empresas que incumpran o recollido na Ordenanza, impedindo así que tanto os cidadáns composteláns, como diversas asociacións, colguen a súa comunicación nos lugares destinados a este cometido, en lugar de facelo en lugares prohibidos.

O concello de Santiago está a desestimar todo o referente á publicidade estática, pois como se puido recoller nalgúns medios, a semana pasada, a entidade compostelá non comunicou ao Xulgado tódolos expedientes abertos por esta cuestión, actuando así de forma delictiva.

Por estes motivos, o MpDC quere pedir ao concello de Santiago que non deixe a un lado temas tan importantes para a sociedade compostelá, como neste caso o é a Publicidade Estática, no que diversas asociacións e colectivos sociais os empregan para facer chegar á sociedade a súa actividade e o seu traballo, labor que doutro xeito quedaría na sombra.

0 comentarios:

Publicar un comentario