Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O concello de Santiago envía tan só dous expedientes relacionados coa publicidade estática ao Xulgado

Written By Virgulino on 19/1/07 | 13:01

O concello de Santiago continúa coa súa proposta de minimizar os efectos da ordenanza sobre publicidade estática. Neste caso, a entidade compostelá tan só remitiu dous expedientes ao Xulgado para dar contestación a unha demanda presentada polo Movemento polos Dereitos Civís, na que se solicitaba información acerca dos casos abertos sobre este tema.

O MpDC, sen realizar unha gran labor de pescuda, puido coñecer outros tres expedientes, algún deles grazas a novas recollidas en distintos medios de comunicación, que o concello se negou a remitir á Xustiza, non se sabe por temor a unha sentenza desfavorable ou pola súa propia incompetencia, demostrada noutros casos.

No que se refire á demanda presentada polo MpDC, o Xulgado do Contencioso de Compostela está a espera da presentación das alegacións por parte do concello de Santiago para poder dictar unha sentenza.

Despois de catro anos a situación é a mesma

O concello de Santiago segue a incumprir a ordenanza municipal de publicidade estática e dinámica que foi aprobada o 12 de febreiro do 2003, despois de diversas protestas e solicitudes dos colectivos e diversas asociacións que se atopaban sen lugares específicos onde colgar os seus cartaces informativos ou programacións. Case catro anos despois a situación é a mesma.

Por todos estes motivos, dende o MpDC solicitamos ao concello de Santiago que procure cumprir cun texto, o relativo á Publicidade Estática, que foi aprobado pola súa Corporación fai case catro anos, e que, polo momento, aínda non se viu reflectido en cambios reais na situación da cidade neste aspecto.

Ademais, dende a nosa asociación parécenos inadmisíbel que unha institución pública como o concello esconda información ao Xulgado sobre os expedientes que teñen no relativo a este tema, tal como demandaba o MpDC.

0 comentarios:

Publicar un comentario