O concello da Coruña recoñeceu hoxe, nun escrito remitido ao Movemento polos Dereitos Civís, que para a instalación de cámaras de vídeo vixilancia é preciso contar cunha autorización anterior á súa colocación. Con esta afirmación, a entidade local cambiou de forma clara a súa opinión a este respecto, e recoñece o delicto que está a cometer trala colocación de varias vídeo cámaras na estación de autobuses, ao carecer de permiso da Comisión de Garantías da Vídeo Vixilancia.
O concelleiro delegado de Seguridade Cidadá, Juan Manuel Iglesias, sinalou que a entidade herculina está a traballar no proxecto de instalación de cámaras de vídeo vixilancia por circuíto cerrado para a protección do edificio do Fórum Metropolitano e que no momento no que estea finalizado remitirase á Comisión de Garantías, dependente da Delegación do Goberno en Galiza, antes da súa instalación.
Deste xeito, atendendo ás palabras do concelleiro delegado, hai que resaltar que a entidade herculina coñecía que estaba a cometer un delicto cando instalou as cámaras que controlan na actualidade a estación de autobuses. O inadmisíbel deste feito, foi que procedeu á súa colocación á pesar das críticas recibidas por outros partidos políticos e diversas asociacións que velan polos dereitos cidadáns, neste caso o dereito á intimidade e á propia imaxe.
Outro feito destacable é que para a instalación destes dispositivos no Fórum Metropolitano, a entidade local contará cun presuposto de 50.000 euros, cantidade moi similar á invertida na estación, polo que estariamos a falar dun despilfarro de 100.000 euros para un proxecto, a instalación de cámaras, que pode quedar desautorizado, se a Comisión de Garantía así o estima oportuno.
Dende o MpDC parécenos inadmisibel que institucións como o concello da Coruña cometa delitos coma este, e aínda por encima, posteriormente recoñeza que o fixo a sabendas de que non era o procedemento correcto.
Por este motivo, dende esta asociación solicitaremos á Delegación do Goberno que faga as xestións oportunas para sancionar ao concello herculino e, sobre todo, para que non se repitan casos coma este de clara vulneración dos dereitos cidadáns. Ademais, tamén pediremos que inste ao concello a retirar as cámaras colocadas na estación de autobuses, ao carecer dos permisos pertinentes.
O concello da Coruña cambia a súa postura sobre a instalación de cámaras de vídeo vixilancia
Written By Virgulino on 11/1/07 | 11:19
Etiquetas:
Concello da Coruña,
Delegación do Goberno,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario