A Agencia Española de Protección de datos calificou, nun escrito remitido ao Movemento polos Dereitos Civís, de falta grave o feito de que catro axentes da Policía Nacional da Coruña facilitaran, en xaneiro do 2006, fotografías de supostos carteiristas fichados a conductores de autobuses urbanos nas que se recollía unha nota que alertaba da existencia de unha oleada de roubos.
Esta institución, segundo anunciou no escrito, comezará en breve o procedemento de declaración de infracción das administracións públicas á Dirección Xeral da Policía e á da Garda Civil.
Segundo a Axencia de Protección de Datos, os feitos antes mencionados poderían supoñer a comisión, por parte da Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil, unha infracción do artigo 10 da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal que di:
“El responsable del fichero y quienes intervegan en cualquier fase del tratamiento de los datos de carácter personal están obligados al secreto profesional respecto de los mismo y al deber de guardarlos, obligaciones que substituirán aún después de finalizar sus relaciones con el titular del fichero o, en us caso, con el responsable del mismo”
Esta vulneración está tipificada como grave, no artículo 44.3 de dita norma, que considera como tal “La vulneración del deber de guardar secreto sobre los datos de carácter personal incorporados a ficheros que contengan datos relativos a la comisión de infraccións administrativas o penales”.
Pola súa parte, a Dirección Xeral da Policía recoñeceu e xustificou a súa falta indicando que debido a unha neglixencia policial as fotos, que foron entregadas a un traballador da empresa de autobuses, foron fotocopiadas e distribuidas entre os conductores.
Por todo isto, o MpDC solicita á Axencia Española de Protección de Datos que sancione, como estipula a LO, á Dirección Xeral da Policía, para evitar que se produzan situacións coma esta no futuro, que atentan de xeito claro contra o dereito do honor e a intimidade.
A Agencia Española de Protección de Datos califica de falta grave que os policías da Coruña fixeran públicas fotografías de tres supostos carteiristas
Written By Virgulino on 24/1/07 | 12:11
Etiquetas:
Actuacións Policiais,
AGPD,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario