Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Policía Local de Vigo afirma que non realizou fotografías aos manifestantes que se congregaban diante do concello en contra da aprobación do PXOM

Written By Virgulino on 12/12/06 | 13:56

Os feitos tiveron lugar o pasado mes de maio cando, despois de moitas protestas veciñais e mobilizacións, o Pleno do concello de Vigo ía aprobar de xeito definitivo o PXOM. Os axentes que alí se congregaban, por imperativo da alcaldía olívica, só permitiron o paso a 40 dos manifestantes que alí se atopaban. Como se pode saber, o acceso a calquera sesión plenaria é aberta ao público que queira asistir polo que os policías incumpriron a lei ao prohibirlles o paso grupo de Goberno por non prever a realización do Pleno nun local máis amplio.
Este feito fixo que os manifestantes que non poideron entrar protestaran enerxicamente ao ver que saía xente do pleno pero non deixaban entrar a ninguén máis, aducindo motivos como que a apertura da verxa dera lugar a unha avalancha que desbordara o dispositivo policial. Tamén se realizaron protestas polo feito de que os policías lociais estaban a realizar fotografías aos manifestas. Estes feitos foron denunciados, incluso, polos medios de comunicación.

Toma falsa de fotografías

Según declaracións do concelleiro delegado de Seguridade, Antonio Coello, os axentes realizaron unha toma fotográfica sen carrete para crear medo a seren identificados os manifestantes máis molestos coa actuación policial e que que alí se atopaban. Según a Lei Orgánica 4/1997, que regula a captación de imaxes en lugares públicos, establece que esta autorización previa das forzas e corpos de Seguridade do Estado corresponde á máxima autoridade provincial, neste caso o Subdelegado do Goberno en Pontevedra. Ademáis, a captación das mesmas debe rexerse polo principio de idoneidade e tamén de intevención mínima, valorando que sexa a mellor opción para os fins propostos, aspecto que neste caso non quedou demostrado.

O MpDC considera que a falta de autorización foi o motivo polo que o Concello alegou que non sacou fotos dos manifestantes. Segundo esta asociación, a entidade local falta á verdade nas súas afirmación de que as cámaras (dixitais) non levaban carrete e reclamará á Axencia Española de Protección de Datos que estudie a seguridade xurídica destas actuacións que non permiten aos manifestantes tomar medidas contra a Policia Local. Considera, ademais, que é inadmisibel a actuación dos axentes da Policía Local así como dos responsables municipais de seguridade cidadá, por tentar que a aprobación do PXOM se tratara dun feito escuro e sen a presencia dos interesados, neste caso os cidadáns vigueses que se atopaban nas portas e aos que se lle impediu o acceso en todo momento.

0 comentarios:

Publicar un comentario