Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Os xogos de espías fan saltar polos aires as medidas de seguridade dos aeroportos

Written By Virgulino on 1/12/06 | 14:20

Os xogos entre espías rusos e británicos está creando unha situación de alarma nos aeroportos, sobre todo, na capital londinense. Trala morte do espía do KGB, Alexander Litvinenko, que foi envenenado, o ex primer ministro ruso Yegor Gaidar tamén parece sufrir unha doenza propiciada polas mesmas circustancias. Estes “xogos” entre o espionaxe están a provocar que os sistemas de seguridade salten polos aires. Nestes momentos, a compañía aéres British Airways está localizando a un total de 33.000 pasaxeiros que poideran estar en contacto coa sustancia que acabou coa vida de Litvinenko, o polonio 210, e que pode ser a causa do estado no que se encontra Gaidar.

No día de onte, o MpDC foi coñecedor de que unha galega que traballa en Londres tivo que someterse a algunhas probas para descartar que estivera contaminada por este axente radioactivo.

O motivo de tal alarma é que a sustancia letal, o polonio 210, foi atopado ata en 12 puntos distintos da cidade, entre eles varios avións da mencionada compañía, a British Airways.

Vulneración dos dereitos en prol da seguridade

O inadmisibel deste caso é que a Directiva Europea sobre a seguridade nos aeroportos vulnera de forma clara os dereitos dos cidadáns, entre eles o dereito á intimidade. A xustificación desta violación radica na seguridade cidadá, que se foi endurecendo dende os atentados de Nova Iork, do 11 de setembro do 2001.

O MpDC considera irrisorio que os estados e a Unión Europea vulneren de maneira sangrante os dereitos das persoas: pais que teñen que probar a comida dos seus fillos, pasaxeiros que non poden levar a súa colonia no equipaxe de man, maletas que son abertas sin ningunha sospeita...

E o peor de todo é que a pesar de non respetar os nosos dereitos tampouco logran ese ansiado tesouro que procuran, a seguridade cidadá, como quedou demostrado neste caso. Por iso, dende a nosa asociación preguntámonos de quen se está a garantir a seguridade?. Pois, que podan estar contaminadas máis de 30.000 persoas, non é o mellor exemplo de control e seguridade das persoas.

Por estes motivos, o MpDC dirixirase á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para solicitar que se investiguen todas estas accións e den contas das súas medidas na procura dunha seguridade cidadá que non se percibe por ningún lado, e pola contra, asistimos a unha vulneración dos dereitos moi importante, chegando en ocasións a iniciativas abusivas.

Sería precios que os distintos estados se senten e debatan sobre a idoneidade desta medidas na búsqueda dun maior benestar para a sociedade, pois, como queda comprobado, non se consegue unha seguridade exemplar e satisfactoria para os cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario