Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

As institucións públicas, celebran hoxe o día da Constitución mentres vulneran, a cotío, moitos dereitos cidadáns o resto do ano

Written By Virgulino on 6/12/06 | 14:14

Os organismos públicos transmiten á sociedade que se debe ter un respecto absoluto á Carta Magna mentre vulneran de forma clara moitos dos seus artigos.

Hoxe celébrase o día da Constitución Española en todo o Estado. As instituciósn públicas aproveitan este día para reafirmar, no seu traballo diario, o respecto pola Carta Magna pero a realidade é moi distinta. Moitos deste organismos públicos vulneran de forma clara, cada día, moitos dos dereitos cidadáns recollidos no Título I.

O Movemento polos Dereitos Civís, no seu traballo que leva realizando xa durante varios anos, constataou a hipocresía de moitas institucións que traballan día tras día obviando as necesidades da sociedade, recollidas na Constitución Española, e despois aproveitan este día, 6 de decembro, para facer unha loubanza e defensa a ultranza da Carta Magna.

Entre estos dereitos poderíamos citar, por exemplo, o dereito a vivenda, artículo 47 da C.E, que di:

Todos os cidadáns e cidadás do Estado español teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e acaída. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulamentando o emprego do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.


Como se pode observar no que pon o texto, defendido a ultranza polas instituciósn públicas no día de hoxe, vemos que enfatiza no feito de impedir a especulación na compraventa de solos e na construcción de vivendas.

Cada día, como se pode comprobar en calquera medio de comunicación, son máis e máis os casos de investigaciósn por delitos urbanísticos, moitos deles cometidos dende dentro de instituciósn públicas, como o concello de Marbella. En Galiza tamén vemos a diario como os xornais recollen novos escándalos que sacuden de forma clara este artigo e polo tanto, pon en entredito o labor dos organismos públicos, que moitas veces fican de espalda aos problemas.

O dereito ao honor, á intimidade e á imaxe recollido no artigo 18 da Constitución Española supón que a colocación das cámaras de videovixiancia atenta directamente, e así o ten dito o Consello do Poder Xudicial, contra o dereito fundamental á intimidade, honra e á propia imaxe.

Non obstante, os gobernos recorren con moita asiduidade a estes métodos para controlar determinadas zonas das cidades non respectándose os requisitos esixidos pola lei para a súa colocación.

Dende o MpDC preguntámonos se, por exemplo, o concello de Santiago pode realizar algún acto de celebracíón, conmemoración ou respecto pola Carta Magna cando está a vulnerar día tras día moitos dereitos cidadáns, entre eles o artigo 18, antes mencionado.

E non é só o concello de Compostela. No último ano, varias entidades locais como Ribeira, Ares, Santiago, Lugo, A Coruña, etc... presentaron iniciativas para a colocación de videocámaras de vixiancia ou mesmo as colocaron sen permiso, violando os dereitos dos habitantes e cidadáns destes municipios.

A intimidade é vulnerada tamén coa grabación das chamadas telefónicas por parte das compañías telefónicas para cedelas logo ao Estado; tamén pola seguridade aerea que nos obriga a deshacernos de abundante pretenzas persoais nos aeroportos para que logo os Estados arrisguen a vida de 30.000 persoas levando material radioactivo dun país a outro có obxectivo de cometer asesinato.s

A listaxe de dereitos vulnerados é moi larga e poderíamos mencionar casos concretos de institucións públicas que non os respetan para cada un deles. O dereito de accesso aos expedientes públicos (negado reiteradamente polas administración e incluso polos Defensor del Pueblo e o Valedor do Pobo) a igualdade perante a Lei (vulnerada incluso polo Fiscal Xefe de Galiza que non se atreve a denunciar aos Alcaldes que entraron pola forza no Parlamento de Galiza pero si aos sindicalista que protestaron nun pleno municipals).

Xa para rematar, tamén nos poderiamos centrar nas actuacións policiais. Os axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado “prometen e xuran” ante a C.E, como fórmula de respeto a este texto.

Pero, de novo, a realidade é outra. Dende o MpDC vimos denunciando cada certo tempo actuacións policiais desmesuradas, realizando un claro abuso de poder sobre os cidadáns, que moitas veces o único delito que cometen é pasar por un lugar determinado nun momento determinado, e sobre todo, topar cun axente que non realiza o seu traballo e pensa gozar de autoridade ilimitada.

Neste senso, dende a nosa asociación estase a traballar moito para a creación da Axencia Galega de Boas Prácticas Policiais, órgano que posibilitaría o control deste axentes, porque a situación actual provoca unha clara indefensión para os cidadáns. Moitas das veces as denuncias caen en saco roto porque as xefaturas defenden aos seus axentes, tapando os seus delictos e deixando aos denunciantes como simples mentirosos, desequilibrados ou radicais.

Como se pode observar, a pesar de que hoxe se celebre o día da Constitución Española e as institucións e organismos públicos practiquen unha política de conmemoración, respecto, ratificación, etc... pola Carta Magna, a realidade é moi distinta, e son elas, en referencia ás institucións citadas, as que máis os vulneran, de forma constante e repetitiva.

Dende o MpDC consideramos que estes organismos deberían preocuparse máis, no seu traballo diario, por respetar os dereitos dos cidadáns, e non tanto por sacar o peito e conmemorar, festexar e ratificar un texto, o da Constitución Española, que tan poucas veces cumpren.

0 comentarios:

Publicar un comentario