Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC esixe o recoñecemento dos dereitos das persoas uruguaias en base ao Tratado de Recoñecemento, Paz e Amizade

Written By Virgulino on 3/11/06 | 11:56

O Movemento polos Dereitos Civís esixe ao Goberno do Estado o recoñecemento dos dereitos das persoas de orixe uruguaio, moitos deles sen regularizar, en base ao Tratado de Recoñecemento, Paz e Amizade asinado pola República Oriental de Uruguai con España no 1870.

O MpDC lembra que neste ano 2006 a un cidadán galego, Xesús Gómez, o Goberno de Tabaré Vázquez lle recoñeceu o Tratado de Amizade, concedéndolle a súa Residencia.

O Tratado de Amizade de 1870 asinado por Uruguai e o Estado Español estipulou no seu Artigo 8 que “os cidadáns da República de España e os súbditos españois na República Oriental do Uruguai, poderán exercer libremente os seus oficios profesionais, posuir, comprar e vender por maior e menor toda especie de bens e propiedades mobles e inmobles, extraer do País os seus valores integramente, dispoñer deles en vida ou por mortem e suceder nos mesmos por testamento ou al intestato, todo consonte ás leis do país, nos mesmos termos e baixo de iguais condicións e adébedos que usan ou usaren as da Nación máis favorecidas, ou outros efectos da calquera especie, que se secuestraran ou confiscaran a cidadáns orientais ou a súbditos españois, durante a guerra sostida en América ou despois dela, e se achasen aínda en poder dos respectivos Gobernos no nome dos cales lle fixeran o secuestro ou confiscacións, serán inmediatamente restituídos aos seus antigos donos ou aos seus herdeiros ou lexítimos representantes...”.

Ademáis, na Lei Orgánica 8/2000 do 22 de decembro, que reforma a Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración saocial, no Título Preliminar, Disposición Xerais, Artigo 1.Delimitación do ámbito aprtado 2 di: “o disposto nesta Lei entenderáse, en todo caso, sen prexuízo do establecido nas leis especiais e nos Tratados internacionais nos que España sexa parte”. Polo que non é de aplicación a lexislación de
estranxeiría á poboación inmigrante de orixe uruguaia.

Por todos estos motivos, dende o MpDC esiximos que, en base a estes dous puntos, e dado que existen moitas persoas uruguaias ás que se lle conculcan os seus dereitos, e están sen regularizar, que o Goberno Central aplique a reciprocidade deste Tratado de Recoñecemento, Paz e Amizade de 1870.

0 comentarios:

Publicar un comentario