Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC solicitará de novo a retirada das cámaras de videovixiancia de Santiago de Compostela pois estiveron instaladas sen permiso

Written By Virgulino on 27/10/06 | 12:26

O Movemento polos Dereitos Civís pedirá de novo a retirada cautelar das cámaras de videovixiancia situadas no casco antigo de Santiago de Compostela e que levan instaladas dende o ano 1999. Estos dispositivos estiveron instaladas durante varios meses sen o correspondente permiso.

Neste aspecto son moitas as incongruencias que se perciben ao analizar os distintos escritos ao respecto da Delegación do Goberno, o Defensor del Pueblo e o propio Concello de Santiago.

En primeiro lugar, dende esta asociación queremos denunciar a constante ocultación de información por parte destas tres institucións antes citadas, con constantes erros e contradiccións que fan pensar que esta colocación de dispositivos de control lindou en moitos casos coa legalidade, incluso superándoa nalgunhas ocasións. O Defensor del Pueblo afimou que todo estaba en Regla cando o permiso das cámaras rematara o 5 de setembro e o MpDC presenta a súa queixa o 24 de Setembro: 19 días despois de que as cámaras foran, legalmente, irregulares.


Nun escrito da Delegación do Goberno do 2002 anúnciase ao Concello de Santiago que o permiso para a colocación das cámaras xa rematara, no mes de setembro, polo que espera que estes dispositivos estean apagados.

Outro aspecto que nos pode dar a entender a falla de profesionalidade por parte dos responsables municipais sobre este aspecto é que cando se solicitan imaxes das cámaras, dereito recollido na Lei Orgánica sobre Cámaras de Videovixancia, respostan que non están gravando e que só se empregan para visionar o que acontece na cidade. Mesmo se informou así no periodo no que deberían estar apagadas, ou sexa que non deberían servir, sequera para visionar.

O paradóxico desta situación é que se non rexistran imaxes non poden ser empregadas coa finalidade para a que foron instaladas, controlar o vandalismo e poder dispoñer destas imaxes en xuizos para condear aos infractores. Como se pode observar, a incompetencia por parte dos responsables municipais neste tema queda claramente constatada.

O MpDC fixo unha serie de solicitudes ante o Concello de Santiago e a Delegación do Goberno para pedir a retirada, ou no seu defecto, toda a documentación que acreditase a legalidade da colocación destas videocámaras.

A resposta da Delegación foi que a documentación estaba toda en regla, comunicación que nos fixo no ano 2002. Pero o alarmante foi que o Concello de Santiago perdera a súa autorización no 5 de Setembro do 2002 polo que pode observarse que algunha das dúas institución esta a faltar a verdade.

Parece obvio que se está a realizar un encubrimento claro por parte dunhas institucións a outras para ocultar accións ilegais e que van en contra la Lei de colocación de cámaras de videovixiancia.
Por todos estos motivos, o MpDC xa está a preparar unha nova campaña para que o Concello de Santiago retire dunha vez por todas estes dispositivos que vulneran de forma clara os dereitos dos cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario