Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC solicita ao concello de Ares que non instale cámaras de videovixiancia

Written By Virgulino on 3/10/06 | 12:47

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) solicitou ao concello de Ares que non instale cámaras de videovixiancia. A entidade local coruñesa prevé colocar estos dispositivos nos arredores da Casa Consistorial para previr a realización de pintadas.

O MpDC considera que a instalación destes dispositivos pode privar do dereito fundamental ao honor, intimidade e á propia imaxe, polo que debe darse puntual cumprimento aos trámites e requisitos esixidos pola Lei para a colocación de cámaras de videovixiancia, recollido na Lei Orgánica 4/1997 do 4 de agosto.

Así pois, nesta lexislación referente aos dispositivos de control establécese un equilibrio entre o citado dereito ao honor, intimidade e propia imaxe, e a seguridade cidadá, onde se pode limitar o dereito á intimidade en “situacións concretas para salvagardar a seguridade cidadá”. Por todo isto, o MpDC considera que a instalación de cámaras co único fin de intimidar a quen realiza unhas pintadas non é congruente co espírito da lei.

Ante estes peitos, esta asociación fixo a pertinente solicitude ante o concello de Ares, a Comisión de Garantías de Videovixiancia e a Delegación do Goberno en Galiza para que se estudien todas as posibilidades na colocación destes dispositivos e se cumpra a normativa pertinente sobre este aspecto.

0 comentarios:

Publicar un comentario