Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC entrega máis de 2.400 firmas e 500 correos electrónicos no rexistro do concello de Santiago para que non se lle adique unha rúa a Manuel Fraga

Written By Virgulino on 17/10/06 | 17:54

O rexidor muncipal Bugallo ten pensado aprobar nas próximas datas unha ordenanza para por o nome do ex presidente da Xunta a unha rúa compostelá

SANTIAGO. 17-10-06- O portavoz do Movemento polos Dereitos Civís, Renato Núñez, fixo entrega hoxe no rexistro do concello de Santiago de máis de 2.400 firmas e 500 correos electrónicos para que non se lle adique unha rúa ao ex presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga. Con esta iniciativa, esta asociación pretende que o alcalde Sánchez Bugallo rectifique na súa decisión de aprobar unha ordenanza nas próximas datas con este fin.

Esta campaña do MpDC xa comezou o pasado mes de maio cando o rexidor compostelá fixera unha primeira tentativa de poñer o nome do ex ministro franquista a unha rúa de Compostela. Naquelas datas, esta asociación recollera firmas pola rúa ademáis de correos na súa paxina web.

Sánchez Bugallo respostara ao Defensor del Pueblo, tras solicitar o MpDC o Dereito de Petición, que non existía ningunha iniciativa no concello para adicar unha rúa a Fraga, se ben a sociedade era coñecedora do contrario. Despois de que se apagara un pouco o ruido que cobrara entre os cidadás compostelás ante un feito tan desagradabel, Bugallo retoma agora esta iniciativa.

Por este motivo, o MpDC púxose de novo mans á obra para obter o apoio da sociedade compostelá, coa nova recollida de firmas e correos. Para este colectivo, é inaceptabel que se lle adique unha rúa a unha persoa que tanto dano fixo aos Dereitos das persoas, sendo ministro franquista e cometendo multitude de delitos terroristas. Ademáis, a sociedade galega tamén recorda a súa xestión durante a maior crise da era moderna de Galiza, como foi a do Prestige.

Entre os seus delitos durante o franquismo podemos citar que Fraga facía parte do Consello de Ministros que ordenou o fusilamento de Julián Grimau e foi o principal responsábel das matanzas de Vitoria, cando a Policía entrou nunha Igrexa na que se reunía unha asemblea de traballadores, asasinando a cinco e causando máis de sesenta feridos, e Montexurra, tamén en 1976. Hai que resaltar que prologou un libro negacionista, que negaba o xenocidio español en América Latina, algo que non estraña porque tamén dixo que a guerra do Iraque ía deixar "un país mellor do que estaba". Por último, habería que engadir o seu desprezo polos homosexuais, a defensa de Pinochet, e a reivindicación -constante- de Franco e a súa ditadura fascista. Así que Fraga ten aínda moitos crimes polos que responder persoalmente...

Existe ademais unha longa lista de comentarios e discursos pronunciados polo Sr. Fraga que ilustran vivamente a súa mentalidade e traxectoria, así como tamén a visión tan peculiar que ten do noso país. Podo citar como exemplo, o Sr. Fraga Iribarne foi responsable da Condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe "El pensamiento político de Castelao" e nunha contestación ao editor J.B Cendrós afirmou:

"cataluña foi ocupada por Felipe IV, foi ocupada por Felipe V, que a venceu, foi bombardeada polo Xeneral Espartero, que era un xeneral revolucionario, e ocupamola en 1939 e estamos dipostos a volvela ocupar tantas veces como sexa necesario e para iso estou disposto a coller de novo o fusil. Por consiguente, xa saben vostedes a que atenerse, e aquí teño o mosquete para volvelo a utilizar"

Tamén hai que destacar como este personaxe é rechazado polo resto da sociedade do estado español, como se puido observar no acto que onte realizou na Universidade de Granada.

Ante estes exemplos da verdadeira historia de Fraga, o MpDC seguirá coa súa recollida de firmas, tanto a pé de rúa, como a través da súa páxina web www.movemento.org.

No caso de que continúe Bugallo con esta iniciativa, dende esta asociación non se descartan posibles concentración da sociedade compostelá, en contra dun acto que molesta e fire a miles de cidadás que viron vulnerados os seus dereitos por parte de Fraga, unha persoa non grata para moitas persoas.

0 comentarios:

Publicar un comentario