Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Compostela presentará unha proposta para que se conceda o nome dunha rúa a Manuel Fraga

Written By Virgulino on 13/10/06 | 19:44

A pesar de ter recibido mais de 2000 mails, mais 500 cartas e que o MpDC recollera mais 2500 asinaturas o Concello de Compostela ten decidido concederele ese honor ao anterior Presidente da Xunta e antigo Ministro de Franco.

Por ese motivo queremos pedir o teu apoio e que manifestes o teu desacordo (si for o caso, novamente) remitindo ao Concello de Compostela un mail, carta ou recollendo asinaturas para que esa iniciativa non pase a ser unha realidade.

Por outro lado, informar de que se está a barallar a posibilidade de realizar unha concentración na praza do Obradoiro cando se celebre o pleno no que se pretenda aprobar esa iniciativa. Interesanos saber a túa opinión e a posibilidade de difusión, así como a túa disponibilidade para recoller asinaturas.

Por últimos axuntamos unha nota de prensa remitda recentemente na que xa preveíamos esa actitude por parte do Sr. Sánchez Bugallo a pesar da alevosía coa que se está a tramitar esa iniciativa.

Envia este artigo aos teus contactos para que a iniciativa do Concello non teña exito.

________________________________________

Formulario para remitir un correo electrónico ao Concello.

Formulario para recoller asinaturas

Carta tipo

A ATENCIÓN DO ALCALDE-PRESIDENTE, SR SÁNCHEZ BUGALLO.
Concello de Santiago de Compostela
Praza do Obradoiros
Santiago de Compostela
A Coruña

PRIMEIRO: Recentemente, tiven coñecemento da intención do Sr. Alcalde de Santiago de Compostela, o Sr.D. Sánchez Bugallo, de adicar unha rúa desta cidade ao ex-presidente da Xunta, Sr. D. Manuel Fraga Iribarne. É por este motivo que remito este escrito mediante o cal quero manifestarlle ao Concello e ao seu Alcalde a miña indignación por tal actuación e facerlle constar a miña posición contraria á mesma.

SEGUNDO: As razóns que, ao meu modo de ver, descalifican a proposta de atribuir este honor ao Sr. Manuel Fraga Iribarne, son moitas e coñecidas. Poderiamos comezar pola súa etapa como Ministro Franquista, para logo repasar toda a súa actuación á fronte do executivo galego, da cal é un claro exemplo a xestión da crise do Prestige (recordemos que el etaba de caza mentres o petroleiro case embarranca na costa). Existe ademais unha longa lista de comentarios e discursos pronunciados polo Sr. Fraga que ilustran vivamente a súa mentalidade e traxectoria, así como tamén a visión tan peculiar que ten do noso país. Podo citar como exemplo, o Sr. Fraga Iribarne foi responsable da Condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe "El pensamiento político de Castelao" e nunha contestación ao editor J.B Cendrós afirmou:

"cataluña foi ocupada por Felipe IV, foi ocupada por Felipe V, que a venceu, foi bombardeada polo Xeneral Espartero, que era un xeneral revolucionario, e ocupamola en 1939 e estamos dipostos a volvela ocupar tantas veces como sexa necesario e para iso estou disposto a coller de novo o fusil. Por consiguente, xa saben vostedes a que atenerse, e aquí teño o mosquete para volvelo a utilizar"

TERCEIRO: Considero que para conceder o honor de por o nome dunha persoa a unha rúa, os méritos da mesma teñen que ser indiscutíbeis, e contar co apoio unánime de toda a cidadanía, xa que non pode facerse de costas e enfrontándose a unha grande parte dos veciños e veciñas do Concello.

Por todo o exposto e no exercicio do Dereito de Petición, SOLICITO:

1. Que non se lle conceda o nome dunha rúa ao Sr. Manuel Fraga Iribarne.

E para que surta os efectos oportunos asino a presente petición.

Agardando unha rápida solución, despídese atentamente.

2 comentarios:

Anonymous dijo...

Intentei enviar a carta que faciliatades dende o voso blog pero foime imposible ¿A que dirección hai que mandalo?

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

A antencio do alcalde presidente
Concello de Santiago
Praza do Obradoiro
Santiago de Compostela
A Coruña

Publicar un comentario