A Delegación do Goberno apuntou que a actuación do Corpo Nacional de Policía na detención de 16 inmigrantes subsaharianos na rúa Real da Coruña foi a correcta. Esta intervención policial provocou o rechazo de varios viandantes e comerciantes que se atopaban no lugar dos feitos por ser totalmente desproporcionada.
Os feitos ocorreron o pasado 29 de agosto cando unha actuación policial na rúa antes citada rematou coa detención de 16 inmigrantes subsaharianos, dos cales 6 non puideron ser identificados. O día 30 pola mañá aínda permanecían detidos.
As diferentes persoas que presenciaron os feitos sinalaron que había varios policías de paisano entre os viandantes agardando a que comezara a operación. De repente, os citados axentes comezaron as detencións e persecucións mentres que a rúa era pechada por membros da policía local para que ninguén puidera fuxir.
Esta actuación completamente desproporcionada tiña como escusa a necesidade de por fin á suposta venda de copias piratas, sen embargo, tamén foron detidos vendedores ambulantes de obxectos feitos por eles mesmos, e incluso amigos destes que se atopaban alí no momento das detencións.
Ademáis, no lugar dos feitos foi necesaria a presencia de varias ambulancias para atender a algúns dos detidos que presentaban numerosos golpes e contusións como resultado da operación policial. Os viandantes testemuñas dos feitos aseguraron daquela que temeran pola súa propia seguridade e todos recoñeceron a desproporcionalidade das medidas adoptadas.
Antes estes feitos, o MpDC solicitara ante a Delegación do Goberno; o concello da Coruña; a Xefatura da Policía Local da Coruña; e ante Inspección de Personal y Servicios de Seguridad; que investigaran esta actuación policial e tomaran as medidas oportunas para castigar a desproporcionalidade da mesma.
Ate o de agora, a única resposta que se obtivo destas institucións foi a da Delegación do Goberno que sinala que a actuación foi correcta e “a axeitada nese intre”. Ademáis disto, non existe constancia de que por parte desta institución se fixese ningunha pescuda para coñecer como foi a citada operación, é máis ben se limitou a contestar ao escrito do MpDC de forma automática, descoñecendo as razóns da mesma.
Por todos estos motivos, esta asociación denuncia as desproporcionadas actuacións policiais, amparadas no abuso da autoridade, e que moitas veces por temor a represalias, quedan no esquecemento. Facendo públicas as mesmas o MpDC quere conseguer que os axentes dos Corpos de Seguridade do Estado actúen sempre baixo a normativa vixente, respectando os dereitos dos cidadás, sin importar o país de residencia, nin a cor da súa pel.
No caso de actuacións desmesuradas, como a anteriormente citada, os responsabeis da mesma deben pagar os danos físicos e morais que moitas veces son irreparabeis.
A Delegación do Goberno considera que a actuación do Corpo Nacional de Policía na detención de 16 inmigrantes na rúa Real da Coruña foi a correcta
| envía este post
|
|
| Etiquetas: Actuacións Policiais , Delegación do Goberno , Dereito das Persoas , Dereito dos estranxeiros , Igualdade ante a Lei | |
-
A información publicada hoxe sobre as cámaras de Compostela non corresponde có acontecido - Despois da ronda de chamadas feita polo MpDC e a información remitida por mail aos distintos medios no día de onte, só o periódico compostelano El Correo Gal...5 horas atrás
-
O MpDC solicita a devolución da fianza para a retirada das cámaras de videovixilancia - Considera que non se fará efectiva a execución provisional da sentencia O Movemento polos Dereitos Civís ven de solicitar a devolución da fianza de 3000€, p...2 dias atrás
-
A Mesa lamenta a campaña de demonización da asociación seguindo o principio de “difama, que algo queda” - Perante as informacións publicadas hoxe por La Voz de Galicia e a TVG, A Mesa pola Normalización Lingüística quere sinalar:Todos os convenios asinados pola M...4 dias atrás








0 comentarios
Postar um comentário