Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Xustiza non condea ao alcalde de Toques pola vulneración do dereito á liberdade de prensa dos xornalistas expulsados do pleno do concello coruñés

Written By Virgulino on 21/9/06 | 13:18

A Xustiza dictou onte sentencia sobre a denuncia que unha vintena de xornalistas interpuxeran contra o alcalde da localidade coruñesa de Toques, Jesús Ares, pola vulneración do seu dereito á liberdade de prensa e por unha serie de agresións.

O xuiz Mauricio Daniel Hurtado determinou que o rexidor deberá indemnizar a un reporteiro con 380 euros por romperlle a cámara durante o polémico pleno celebrado o 27 de xaneiro do 2004. Ademáis, outros catro veciños de Toques, ademáis de Ares, deberán aboar multas de 120 euros por unha falta de maltrato de obra.

O tribunal considera na sentencia que os denunciados efectuaron unha expulsión agresiva dos xornalistas do salón de plenos municipal cando trataban de informar sobre unha posible destitución do rexidor municipal, despois de ser condeado por un delito de abuso dunha menor.

O paradóxico deste caso é que a xustiza non emitiu ningunha sentenza contra o feito da vulneración da liberdade de expresión, dereito de tódolos cidadáns e que neste caso se viu privado. O acceso aos plenos, según a normativa que regula as bases do Réxime Local, é libre. Polo tanto, ninguén está capacitado para prohibir a entrada aos xornalistas na sala.

O MpDC condena este tipo de actitudes por parte dos responsables de administracións públicas que limitan e vulneran un dereito que posúen tódolos cidadáns e que a xustiza debería velar por él, caso este non que non ocorreu así. O feito da ruptura da cámara, considera a asociación, é algo secundario, sempre sometido a privación de todo profesional dun medio de comunicadión do dereito a informar.

0 comentarios:

Publicar un comentario