Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Os responsabels da Garda Civil en Galicia mostran o apoio ás actividades do MpDC

Written By Virgulino on 15/9/06 | 12:26

O Movemento polos Dereitos Civís reuniuse onte cos responsables da Garda Civil en Galicia, nunha xuntanza na que ámbalas partes acercaron posturas para mellorar as relacións entre as entidades.

Por parte da Garda Civil estiveron presentes o Comandante Martín e tamén o máximo responsable da Garda Civil en Galiza, o xeneral Manuel Ferreiro. En todo momento a xuntanza estivo presidida por un trato cordial e por un interese por parte dos axentes de coñecer a actividade da asociación que vela polos dereitos civís dos cidadáns.

Tamén se referiron os axentes á Lei de protección de datos e as cámaras empregadas nas manifestacións das que sinalou que cumplen coa normativa, xa que antes de levalas a unha concentración solicitan a autorización á institución pertinente. Ademáis, engadiu, que cada cidadán ten dereito a revisar esas gravacións e solicitar a modificación ou o borrado de certas imaxes, dacordo coa mencionada lei.

Tramitación de queixas

Respecto a tramitación de queixas pola actividade da Garda Civil, Ferreiro sinalou que cada ano reciben arredor de 50 ou 60 queixas que terminan con resultados dispares, ou ben provocan unha sanción do axente que incumpliu a súa función, ou archivan o caso por considerar que non hai motivo sancionador.

O que si están a cumplir, engadiu, son os prazos de resposta a estas denuncias cidadás, algo moi pouco habitual no mundo institucional de Galiza, onde moitas veces nin sequera che contestan.
A xuntanza, que tivo lugar en A Coruña, foi proposta polo MpDC, que quería coñecer de primeira mán o modus operandi deste corpo moitas veces hermético e oscuro nas súas actuacións.

Idioma

O representante do MpDC tamén se interesou polo tema do idioma que ten estado de actualidade cando algún axente impide que se lle fale en galego. Ferreiro mostrou a súa predisposición a que os axentes falen en lingua galega, e mesmo apuntou que están a desenrolar cursos nas comandancias pero contan co problema da dispersión.

É doado impartir esta formación en comandancias grandes como a de A Coruña pero noutras máis pequenas non. A partir do próximo ano, o xeneral mostrou a intención de impartir estes cursos a través de internet co sistema de autoaprendizaxe.

Outro atranco a esta proposta é que hai moitos axentes que veñen de fóra de Galiza a cumplir un traslado e non mostran moita predisposición a aprender o galego se non van permanecer moito tempo na nosa comunidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario