Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC solicita ao concello de Boiro que non instale cámaras de videovixiancia para controlar a zona de “movida”

Written By Virgulino on 26/9/06 | 13:10

O MpDC vén de solicitar ao concello de Boiro que non instale cámaras de videovixiancia para controlar as zonas onde todos os fins de semana trascorre a “movida”. Segundo os medios de comunicación, os hosteleiros da localidade coruñesa e o goberno local estudian a posibilidade de vixiar esta zona de marcha con dispostivos de gravación.

Segundo a nova aparecida nos xornais galegos, as cámaras colocaríanse na rúa Principal, na avenida de A Constitución e na praza da Mancomunidade para evitar algúns dos desmáns que se producen cada fin de semana.

Dende o MpDC defendemos que debe prim
ar sempre o dereito fundamental ao honor, á intimidade e á propia imaxe, e para garantir o mesmo, debe darse puntual cumprimento aos trámites e requisitos da Lei para a instalación de cámaras de videovixiancia.

Así pois, a mencionada Lei establece un equilibrio entre o citado dereito ao honor, intimidade e á propia imaxe e a seguridade cidadá, onde se pode limitar o dereito á intimidade en “situacións concretas para salvagardar a seguridade cidadá”.

A nosa asociación considera, en función disto, que a instalación de cámaras co único fin de intimidar a quen está pola noite de copas para que teña un comportamento civilizado non entra nos fins previstos desta lexislación. Ademáis, o MpDC propón outro tipo de medidas para evitar estes altercados, como por exemplo campañas explicativas e divulgativas sobre a contaminación acústica, sobre o lixo nas rúas, e demáis problemas derivados das saídas nocturnas.

Segundo a Lei Orgánica 4/1997, do 4 de agosto, na que se regula o emprego de cámaras de videovixiancia polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en lugares públicos, a utilización destes dispositivos para gravar imaxes e sons en lugares públicos, abertos ou pechados, así como o seu posterior tratamento, encontrase encomendado ás Forzas e Corpos de Seguridade.

Ademáis, a autorización para a colocación das cámaras procederá do Delegado do Goberno en Galiza, previo informe da Comisión de Videovixiancia. Este permiso deberá precisar o ámbito físico susceptible de ser gravado, o tipo de cámara, as súas especificades técnicas e a duración da autorización, que terá unha vixencia máxima dun ano.

Por último, a LO 4/97 dispón que o emprego de videocámaras estará presidida polo principio de proporcionalidade, na súa dobre versión de idoneidade e de intervención mínima.

Por todo isto, o MpDC solicita ao concello de Boiro que non instale as mencionadas cámaras de videovixiancia e cumpra co que establece a normativa a este respecto.


0 comentarios:

Publicar un comentario