Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pidirá aclaracións ao CXPX pola súa abertura de investigación sobre a posta en liberdade de un detido na "Operación Castiñeira"

Written By Virgulino on 11/9/06 | 19:43

O CXPX afirmou ao MpDC que as "detencións só poden ser investigadas polos Tribunais ordinarios, non polo Consello Xeral do Poder Xudicial"

O Movemento polos Dereitos Civís pidirá que o Consello Xeral do Poder Xudicial aclare porque realiza unha investigación sobre a posta en liberdade de un detido na "Operación Castiñeira" pero non accedeu a investigar si as detencións foron realizadas de forma correcta. Ademáis o CXPX afirmou que non lle estaba permitido investigar sobre a legalidade das detencións, motivo polo que o MpDC considera que tampouco lle debería estar permitido investigar sobre as postas en liberdade.

A solicitude de que se realizara unha investigación foi realizada o pasado día 25 de Novembro e non foi contestada ate o día 7 de abril. Por outra banda, tamén se solicitou aclaracións ao Ministerio de Xustiza sin que este se pronunciara a día de hoxe.

0 comentarios:

Publicar un comentario